O pasado sábado 18 de maio a cidade de Valencia acolleu a Asemblea Anual de Persoas e Organizacións socias de Banca Etica. Elaborouse unha programación cultural moi completa con actividades que se desenvolveron ao longo de 4 días.
O xoves 16 de maio, pola tarde, tivo lugar a proxección gratuíta do documental cofinanciado por Fiare, La Singla, nos cines Babel de Valencia. Rematada a proxección, mantívose un pequeno coloquio coa directora Paloma Zapata, Gonzalo Montano, en representación da Fundación do Secretariado Xitano, e Gabriel Abascal, socio que realizou a Avaliación Socioambiental para conceder o financiamento á produtora La Fábrica Naranja.
A xornada de benvida ós socios, o venres pola tarde, tivo lugar no Xardín Botánico da Universidade de Valencia. O músico e activista valenciano Tomàs de los Santos abriu a velada interpretando os seus temas máis políticos e sociais, sen esquecer as súas adaptacións musicais de obras de grandes poetas da lingua catalá como Vicent Andrés Estellés ou Joan Salvat Papasseit.
Ao remate do concerto, o público asistente atravesou o xardín botánico ata o auditorio Joan Plaça, onde tivo lugar a conferencia “Actores estratéxicos para transformar a sociedade”, na que participaron María Moscardó, membro do equipo de estudo da Fundación FOESSA de Cáritas Española, e Luis Miguel Jurado, presidente de COCETA. Dende a fila 0 tamén interviñeron Emilio Sampedro, presidente de CONCOVAL e Cristina Ramón, presidenta da Coordinadora Valenciana de ONG. Este evento, que fora incluído na axenda de eventos da Capital da Economía Social Valenciana 2024, contou coa asistencia de preto de 220 persoas.
Ao remate das xornadas, os asistentes quedaron sorprendidos por outro exemplo da cultura popular valenciana; a actuación da Jove Muixeranga de València. Ao redor de 85 persoas, entre adultos, mozos, nenos e nenas, interpretaron numerosas figuras muixerangueras, acompañadas da música de dolçaines e tabales tradicionais.
Un dos momentos máis emotivos foi cando a xiqueta, parada enriba da figura chamada 5 en 1 peu, expuxo a pancarta de Fiare Banca Etica, protagonizada por unha fermosa imaxe para lembrar na memoria colectiva da nosa cooperativa.
Pola tarde realizáronse varias visitas culturais doutra entidade socia de Fiare, a Coordinadora de Asociacións para a Memoria Democrática do País Valenciano. Os que acudiron á visita da Valencia republicana puideron descubrir a pegada que deixou a II República Española na cidade de Valencia e os danos que sufriron tralos bombardeos franquistas, ademais de poder descender e coñecer de primeira man un dos numerosos búnkers da Guerra Civil que aínda se conservan.
Por outra banda, os socios que optaron por visitar o centro histórico de Valencia puideron coñecer e pasear polos principais monumentos e lugares máis emblemáticos de Ciutat Vella, un centro histórico con máis de 2.000 anos de historia, berce da arquitectura gótica e barroca…e modernista. E para que ninguén quedara con ganas de facer as 2 visitas, o domingo pola mañá os socios puideron facer a visita que non fixeran o sábado pola tarde.
7.º Informe sobre finanzas éticas en Europa: bancos éticos sólidos e a carón da economía real
27.11.2024
Medidas de apoio ás persoas e entidades afectadas pola DINA
11.11.2024
Actualización dos convenios con Fiare Banca Etica
06.11.2024
Convidámoste a celebrar unha década de Fiare Banca Etica en Madrid!
31.10.2024
Accionistas por un ben común: dez anos de Fiare Banca Etica
29.10.2024
Informe de impacto: un reflexo dos nosos principios
23.09.2024