Tarxeta Prepagamento
Cuando controlar los gastos no está de más
É sinxelo. Cargas a Tarxeta Prepagamento coa cantidade que queiras e podes utilizala… até que remate. Ti decides canto queres ou podes gastar. Unha solución ideal para ti e os teus familiares.
Utiliza a Tarxeta Prepagamento para controlar o gasto das túas fillas e fillos, como moedeiro para as túas vacacións etc.
Ventaxes
Control do gasto. Poderás consultar en cada momento o teu saldo dispoñible e os movementos realizados, así como limitar o gasto ao importe recargado na túa tarxeta.
Sen maiores riscos. Como a tarxeta só contén o importe recargado, en caso de perda ou extravío, poderás anulala ao instante.
Comodidade. Poderás recargar e descargar o importe que desexes tantas veces como queiras a través de Banca por Internet.
Estar sempre informada/o dos movementos das túas tarxetas a través do servizo Alertas SMS.
Programar recargas automáticas das túas contas.
Realizar as túas compras habituais de forma cómoda, rápida e segura en millóns de establecementos de todo o mundo. Utilízala para pagar en gasolineiras e supermercados, mercar billetes de avión etc.
Como solicitar a túa tarxeta?
-
Se xa es clienta/e, podes xestionalo en liña a través do portal de acceso para a clientela: no apartado «Tarxetas», «Solicitar tarxeta».
-
Se non es clienta/e, abre unha conta corrente e con ela poderás dispoñer dunha tarxeta de débito.
Retirada de efectivo
-
Acordos bilaterais con tres grupos bancarios de ámbito estatal: Grupo Caja Rural, Laboral Kutxa e Caixa Colonya. Todos os caixeiros te informarán debidamente dos custos da transacción antes de aceptar a operación.
-
Dispoñibilidade de retiradas de efectivo a débito en máis de 3.000 caixeiros automáticos en toda España.
-
O custo de retirada varía segundo o tipo de conta do/a clienta, beneficiando a persoas socias.
-
No resto dos caixeiros, repercutimos a comisión por retirada de efectivo que a entidade propietaria do caixeiro nos liquide a nós coa propia operación.
Modalidade de pagamento
O cargo das túas compras e retiradas de efectivo realízase de forma inmediata, cargándose automaticamente do saldo dispoñible da túa conta.
Seguridade
Fiare Banca Etica incorpora numerosas coberturas de seguros. Descarga o extracto das condicións xerais da póliza de seguro.
En cumprimento das recomendacións europeas Securepay en compras realizadas por Internet, engadiuse un contrasinal único por SMS máis seguro.
O código conta cunha caducidade de minutos, que achega maior seguridade nos pagamentos. Antes de producirse a caducidade da operación, a persoa usuaria debe introducilo como último paso para validar a operativa de pagamento.