Tarxeta de débito
Todo o teu moedeiro nun anaquiño de plástico
Todo o que precisas para o día a día cabe na túa tarxeta de débito. Consultar o saldo? Sacar diñeiro? Para que complicarte?
A Tarxeta de Débito con código secreto (PIN) é a ferramenta perfecta para pagamentos en tendas e comercios e facer transaccións bancarias a través de caixeiros automáticos (ATM). Realiza as túas operacións máis habituais: reintegros, compras, consultas de saldo e últimos movementos.
Ventaxes
Tarxeta universal admitida para mercar en 30 millóns de establecementos e retirar efectivo en máis dun millón de caixeiros de todo o mundo.
Estar sempre informada/o dos movementos das túas tarxetas a través do servizo Alertas SMS.
Como solicitar a túa tarxeta?
-
Se xa es clienta/e, podes xestionalo en liña a través do portal de acceso para a clientela: no apartado «Tarxetas», «Solicitar tarxeta».
-
Se non es clienta/e, abre unha conta corrente e con ela poderás dispoñer dunha tarxeta de débito.
Retirada de efectivo
-
Acordos bilaterais con tres grupos bancarios de ámbito estatal: Grupo Caja Rural, Laboral Kutxa e Caixa Colonya. Todos os caixeiros te informarán debidamente dos custos da transacción antes de aceptar a operación.
-
Dispoñibilidade de retiradas de efectivo a débito en máis de 3.000 caixeiros automáticos en toda España.
-
O custo de retirada varía segundo o tipo de conta do/a clienta, beneficiando a persoas socias.
-
No resto dos caixeiros, repercutimos a comisión por retirada de efectivo que a entidade propietaria do caixeiro nos liquide a nós coa propia operación.
Modalidade de pagamento
O cargo das túas compras e retiradas de efectivo realízase de forma inmediata, cargándose automaticamente do saldo dispoñible da túa conta.
Seguridade
Fiare Banca Etica incorpora numerosas coberturas de seguros. Descarga o extracto das condicións xerais da póliza de seguro.
En cumprimento das recomendacións europeas Securepay en compras realizadas por Internet, engadiuse un contrasinal único por SMS máis seguro.
O código conta cunha caducidade de minutos, que achega maior seguridade nos pagamentos. Antes de producirse a caducidade da operación, a persoa usuaria debe introducilo como último paso para validar a operativa de pagamento.