Subscribir máis accións
Dá valor á túa escolla
Xa es persoa socia?
Amplía o teu capital coa compra de novas accións.
Se es persoa física:
- Entra na Banca en liña e merca accións dende a sección «Aforro».
- Se non es cliente/socia, abre a túa conta corrente en liña aquí e, posteriormente, merca accións dende a Banca en liña (sección Aforro).
- Descubre o proceso paso a paso.
Se es entidade, contacta co teu xestor de referencia ou contacta connosco.
Le o folleto informativo que contén toda a información útil sobre o banco, as accións e os riscos correspondentes, dispoñible en liña e nas nosas filiais.O capital social está formado por accións, cada unha cun prezo unitario de 63,00 € (valor nominal de 52,50 € máis 10,50 € de prima de emisión). O número mínimo de accións para a adhesión é de 5 accións. Nesta ocasión lanzamos unha campaña especial chamada Bonus Share para valorar a túa confianza. Pola compra de 20 novas accións recibirás 1 acción como agasallo.
Fiare Banca Etica non distribúe un beneficio económico, mais a Asemblea de Persoas Socias decide periodicamente se revaloriza o valor das accións. As nosas accións véndense nun mercado interno e podería non ser posible nalgún momento a súa venda, polo que o risco de liquidez pode ser superior ao doutros produtos. Existe risco de perda de capital.