TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Vivenda cooperativa

Descubre unha solución cooperativa, social e solidaria para acceder á vivenda, recuperar o espírito de comunidade, a saúde, a axuda mutua e o coidado da contorna. Un modelo para quen sente que outra forma de vivir e habitar é posible.

Que é unha vivenda cooperativa?

Un modelo de vivenda cooperativa sen ánimo de lucro aliñado coa Economía Social e Solidaria que crea unha combinación de espazos privativos e comunitarios cun alto impacto e beneficio persoal, social e ambiental.


A vivenda cooperativa constitúe unha alternativa á propiedade e ao alugueiro para acceder á vivenda. Reúne o mellor de ambos os modelos: a estabilidade que achega a propiedade sen cargar cunha débeda persoal ou atrapamento, ao mesmo tempo que nos brinda a flexibilidade e liberdade do alugueiro, sen exposición aos cambios de condicións e subas de prezos do mercado.


Principios da vivenda cooperativa

Cooperativismo

Aliñado cos 7 principios da alianza de cooperativas. [ver máis ]

Comunidade

Construír comunidade e axuda mutua.

Sustentabilidade

Deseño de espazos reducindo impactos ambientais e servizos
cooperativizados.

Vivenda social e solidaria

Mellora a accesibilidade e favorece a inclusión social.

Unha fórmula económica máis accesible e flexible

Capital inicial reembolsable

A achega de capital inicial adoita ser dende un mínimo do 20 % do importe total da
operación de promoción inmobiliaria da cooperativa. Este capital sería retornable en caso
de saída da sociedade.

Achegas mensuais

Este importe mensual sería como un alugueiro, un gasto en «consumo de vivenda» non-
retornable, pero máis económico ca o prezo de mercado dun alugueiro.

Contribución após a amortización

Cando a hipoteca queda amortizada, a achega mensual non se eliminaría por completo,
pero pode verse sensiblemente reducida.


Esta páxina foi posible grazas a
Archivo:Logotipo del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.svg  - Wikipedia, la enciclopedia libre

Cooperar para vivir mellor

Ademais de prover vivenda máis accesible para o grupo de persoas socias implicadas, xeran comunidade no barrio, crean espazos abertos para actividades, promoven iniciativas transformadoras e dinamizan a vida social da contorna, facéndoa máis saudable, participativa e solidaria..

Contactos

«Información consonte o artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679.

Conforme o artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD), informámoste de que os teus datos persoais, facilitados libremente por ti, serán tratados por Banca Popolare Etica Società cooperativa per azioni (o «Banco») con domicilio social en Via N. Tommaseo, 7 – Padua, en calidade de Responsable do Tratamento para as seguintes finalidades: A) a xestión das súas solicitudes de contacto, asistencia e outras informacións. Algúns datos, como a indicación da provincia, solicítanse exclusivamente para facilitar a resposta á túa solicitude de información ou para fixar unha cita connosco e contactar, de ser preciso, coa nosa sucursal correspondente. Outros datos, como os datos de contacto, solicítanse para facilitar as operacións mencionadas.

O tratamento dos teus datos para a finalidade (A) basease na necesidade de executar correctamente o contrato do que ti es parte ou as medidas precontractuais adoptadas polo Banco a petición túa (art. 6(1)(b) RXPD).

Os datos que nos comuniques non se conservarán máis tempo do estritamente necesario para tramitar a túa solicitude. Pregámoste que, en caso de desexar achegar un anexo coa túa comunicación, non envíes datos persoais (teus ou de terceiros), agás de ser estritamente necesario para a correcta tramitación da túa solicitude, preferindo o envío de información anonimizada.

Os datos persoais facilitados non se difundirán, senón que serán tratados por persoal autorizado polo Responsable do Tratamento, así como por terceiros que prestan servizos específicos por conta do Responsable do Tratamento (como, por exemplo, provedores de servizos de desenvolvemento e mantemento de plataformas web; empresas das que se serve o Banco para o envío de correo en papel ou para contactar telefonicamente coa súa clientela). Calquera comunicación de datos a terceiros, responsables autónomos do tratamento, poderá ter lugar para o correcto cumprimento dos fins establecidos no punto (A), para cumprir con obrigas legais específicas ou a pedimento das autoridades xudiciais.

Os datos persoais tamén poderán ser transferidos a Terceiros Países, entendéndose por tales os países non-pertencentes á Unión Europea nin ao Espazo Económico Europeo. De suceder isto, o Banco declara e garante que cumpre co disposto no capítulo V do Regulamento (UE) 2016/679, polo que a transferencia só terá lugar a Terceiros Países recoñecidos pola Comisión Europea por ter un nivel axeitado de protección dos datos persoais ou, se este non fose o caso, só suxeita á aceptación previa de Cláusulas Contractuais Tipo destinadas a garantir unha protección adecuada dos datos persoais transferidos. Alternativamente, poderá valorarse a existencia dalgunha das excepcións previstas no artigo 49 do RXPD.

Por último, lembra que, consonte os artigos 15 e seguintes do RXPD, tes dereito a obter confirmación da existencia ou inexistencia de datos que te concirnan, a acceder a eles, a ser informada/o da fonte dos datos e dos fins e métodos do tratamento, a que se actualicen, rectifiquen ou completen, e a que se supriman se se tratan infrinxindo a lei ou se se aplica un dos motivos especificados no artigo 17 do RXPD. Para exercer os teus dereitos en virtude dos artigos 15 e seguintes do RXPD, así como para recibir máis información sobre o tratamento dos teus datos persoais, podes dirixirte directamente aos nosos departamentos, ou presentar unha solicitude por escrito utilizando o formulario dispoñible no sitio web do Banco, na sección «Política de privacidade e cookies», á atención do Responsable de Protección de Datos: DPO@bancaetica.com. De te queixar dunha violación no tratamento dos teus datos persoais (por exemplo, a inclusión indebida dos teus datos persoais en listaxes de correo ou no sitio web do banco), podes presentar unha queixa formal perante a Oficina de Reclamacións – Servizo de Asesoría Xurídica – Via N. Tommaseo, 7 – 35131 Padua – reclami@bancaetica.com. Ten en conta que o prazo de resposta após a túa solicitude, segundo os artigos 15 e seguintes, é dun (1) mes, prorrogable a dous (2) meses en casos de especial complexidade; nestes casos, o Banco proporcionarache cando menos unha comunicación provisional no prazo dun (1) mes, informándote de que se tivo en conta a túa solicitude. De considerar que o tratamento dos teus datos por parte do Responsable incumpre o RXPD, poderás presentar unha reclamación perante a autoridade de control.»

Contacta connosco

Axudámosche!

Queres saber máis?

Consulta as nosas preguntas frecuentes

Os nosos principios

Queremos mudar as regras do mercado financeiro a través da transparencia e a responsabilidade social