TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Como solicitar a túa tarxeta?

  • Se xa es clienta/e, podes xestionalo en liña a través do portal de acceso para a clientela: no apartado «Tarxetas», «Solicitar tarxeta».

  • Se non es clienta/e, abre unha conta corrente e con ela poderás dispoñer dunha tarxeta de débito.

     

Retirada de efectivo

  • Acordos bilaterais con tres grupos bancarios de ámbito estatal: Grupo Caja Rural, Laboral Kutxa e Caixa Colonya. Todos os caixeiros te informarán debidamente dos custos da transacción antes de aceptar a operación.

  • Dispoñibilidade de retiradas de efectivo a débito en máis de 3.000 caixeiros automáticos en toda España.

  • O custo de retirada varía segundo o tipo de conta do/a clienta, beneficiando a persoas socias.

  • No resto dos caixeiros, repercutimos a comisión por retirada de efectivo que a entidade propietaria do caixeiro nos liquide a nós coa propia operación.

Modalidade de pagamento

  • Coa túa tarxeta Visa Classic pagarás o total das túas compras a comezos do mes seguinte.
  • Poderás ver, en todo momento, os movementos da túa tarxeta a través de Banca por Internet e recibir a desagregación das túas operacións nun extracto mensual.
Seguridade

Fiare Banca Etica incorpora numerosas coberturas de seguros. Descarga o extracto das condicións xerais da póliza de seguro.
En cumprimento das recomendacións europeas Securepay en compras realizadas por Internet, engadiuse un contrasinal único por SMS máis seguro.
O código conta cunha caducidade de minutos, que achega maior seguridade nos pagamentos. Antes de producirse a caducidade da operación, a persoa usuaria debe introducilo como último paso para validar a operativa de pagamento.

Todas as tarifas

Coñece as condicións completas de todos os produtos.

Precisas máis información?

Contacta co persoal laboral.

Contacta connosco

Axudámosche!

Queres saber máis?

Consulta as nosas preguntas frecuentes

Os nosos principios

Queremos mudar as regras do mercado financeiro a través da transparencia e a responsabilidade social