Seguridade
Cando se trata do teu diñeiro, os teus datos e as túas comunicacións, a seguridade é máis ca importante: é imprescindible. Podes estar segura/o.
Por iso, Fiare Banca Etica dispón de múltiples medidas que garanten a confidencialidade das comunicacións e protexen os datos nas transaccións que se fan por Internet.
Porén, a seguridade tamén depende de ti. Infórmate das nosas medidas e recomendacións.
Seguridade en Banca por Internet
En Banca Internet somos conscientes da necesidade de garantir o tránsito de información entre a entidade e a nosa clientela. Por este motivo, dispomos de medidas de seguridade que garanten a confidencialidade das comunicacións.
Acceso seguro
A seguridade no acceso dos nosos usuarios e usuarias á banca a través de Internet é prioritaria. Por iso, enviamos os teus contrasinais cun sistema de protocolo seguro https, minimizando así posibles intentos de fraude en liña.
Ás novas clientas e clientes de Banca por Internet proporciónanselles chaves de acceso: usuario, contrasinal e PIN telefónico, que precisarán para confirmar as súas operacións coa máxima garantía de seguridade.
- Número de usuario: chave persoal e intransferible.
- Documento de identificación: NIF/NIE.
- Contrasinal: chave xerada automaticamente polo sistema, que o cliente deberá modificar a primeira vez que acceda a ruralvía. Recoméndase non utilizar contrasinais triviais ou de doada dedución.
- PIN telefónico: Cada vez que unha clienta ou cliente contacte co servizo ruralvía Banca Telefónica a través do número de teléfono 902 310 902, deberá identificarse co seu usuario ruralvía, o seu documento de identificación e co PIN telefónico.
- A través de Banca por Internet pódense realizar gran variedade de transaccións. Á hora de confirmar as túas operacións coa máxima seguridade, deberás introducir a coordenada de sinatura que o sistema solicite.
Determinadas operacións que esixen un maior nivel de seguridade (por exemplo, as transferencias) requirirán un sistema de dobre autenticación: recibirás un código por SMS que terás que introducir para finalizar as operacións.
Para calquera consulta, contacta co servizo de atención telefónica.
Recomendacións básicas
Pola túa seguridade, suxerímosche que sigas as seguintes recomendacións básicas:
1. O USUARIO E O CONTRASINAL SON CHAVES PERSOAIS E INTRANSFERIBLES. Co fin de garantir a seguridade cómpre manter a confidencialidade destes datos. Recomendamos non utilizar contrasinais triviais ou de doada dedución, nin cedelos a terceiros.
2. NON FACILITES DATOS PERSOAIS OU FINANCEIROS se non estás nun lugar seguro e con provedores de confianza.
3. NON FACILITES AS TÚAS CHAVES NIN OS TEUS NÚMEROS SECRETOS en lugares que non sexan de Fiare Banca Etica, nin sequera se utilizan canles alternativas (correo electrónico, teléfono etc) e se identifican como Fiare Banca Etica con propostas enganosas, promocións, regalos ou erros técnicos que obrigan a modificar esas chaves baixo petición das actuais.
4. NON DEBES ACEPTAR DOCUMENTOS NIN ARQUIVOS PROVENIENTES DE DESCOÑECIDOS ou que teñan unha orixe pouco fiable; poden ser unha vía de acceso a perigosos VIRUS moi prexudiciais para o teu sistema operativo. É importante instalar un sistema antivirus, utilizalo e actualizalo periodicamente.
Garantía de seguridade
A información relacionada co acceso á túa conta viaxa de forma cifrada utilizando SSL a 128 bits. Actualmente é o sistema máis potente de protección de datos dun sitio web e está avalado por un certificado emitido por Verisign.
A pantalla de Banca por Internet está dividida cando menos en dúas partes: a parte superior, que inclúe a cabeceira, e a parte inferior, que é onde debes introducir as túas chaves de acceso e onde posteriormente se presenta a información ofrecida polo servizo de Banca por Internet.
A parte superior non viaxa ao teu ordenador utilizando o protocolo SSL, xa que non contén información confidencial, conseguindo así unha maior velocidade de transferencia e que as imaxes nela incluídas se poidan gardar no propio navegador.
A parte inferior viaxa utilizando o protocolo SSL, polo que, tanto a información que se solicita para identificarte como a información relacionada cos teus produtos financeiros, viaxan de forma segura.
Ambas as partes están contidas dentro dun marco de traballo (FRAME) que non viaxa utilizando SSL, o que ocasiona que non vexas o cadeado pechado dentro do navegador Netscape.
Como comprobar se a túa páxina é segura?
Ao entrar en Banca por Internet, o primeiro que debes verificar para a túa seguridade é:
- Que a páxina do enderezo web sexa https. Este último «s» indica que estás nunha páxina de confianza para realizar as túas xestións financeiras, xa que un servidor seguro comeza por https e non por http.
- Nas últimas versións dos navegadores, a barra mostra a icona dun cadeado e a barra de enderezos está sombreada en cor verde. Isto indica que a páxina está bloqueada fronte a intentos de visualización por parte de terceiros, o que asegura a súa privacidade.
Se a barra de enderezos aparece sombreada en vermello, desconfía desa páxina, xa que podería ser fraudulenta. Se non utilizas a última versión dispoñible do teu navegador é posible que a barra de enderezos non apareza sombreada.
Como comprobar o certificado de seguridade?
Para comprobar os certificados de seguridade da páxina hai que premer a icona do cadeado que aparece ao acceder a unha zona segura e verificar que a data de caducidade e o dominio do certificado estean vixentes.
Ataques máis frecuentes
Coñecer como funcionan os tipos de fraude máis frecuentes (como virus informáticos, phising etc.) hache permitir navegar por Internet con máis seguridade. Ofrecémosche algúns consellos e medidas de precaución para evitar ser vítima deste tipo de ataques.
Phising
Nunca respondas a ningún correo electrónico que solicite o teu contrasinal de Banca por Internet!
Os intentos de fraude á clientela de diferentes entidades financeiras mediante o correo electrónico proliferaron recentemente. O phishing é unha das formas máis utilizadas.
Esta técnica de fraude consiste na utilización de distintos métodos para suplantar unha identidade (como a dunha entidade financeira) convidando os destinatarios a introducir as súas chaves secretas, datos persoais e información dos seus produtos financeiros en formularios falsos coa fin de almacenalos e utilizalos posteriormente.
Esta suplantación pódese realizar mediante SMS, chamada telefónica, correo electrónico e páxinas web ou fiestras emerxentes. O medio máis habitual de levalo a cabo é por correo electrónico, a través do que se convida á clientela a premer nunha ligazón que levará a unha páxina web falsa que simula a orixinal da entidade bancaria. Ao conectarse á web fraudulenta, solicitará os datos financeiros ou persoais. Por este motivo, NON debes responder a ningún correo electrónico que solicite o teu contrasinal de ruralconfirming, os datos das túas tarxetas financeiras etc.
Estas accións fraudulentas póñense a disposición da Garda Civil ou a Policía Nacional en canto hai coñecemento delas para a súa posterior investigación.
Neste sentido, a nosa clientela debe saber que Fiare Banca Etica NUNCA solicita nin solicitará chaves secretas ou datos dos teus produtos, como o número da tarxeta, nin por correo electrónico, nin por vía telefónica, nin en persoa. Os códigos de autorización de operacións deben utilizarse unicamente dentro do espazo seguro de Banca por Internet.
Resumimos as preguntas que cómpre facer para detectar un correo que intenta estafarnos:
- O contido é sospeitoso? Precaución perante os correos que din provir de entidades bancarias con mensaxes dubidosas, como que a túa conta foi bloqueada ou cancelada por problemas técnicos, que anules unha transferencia que non realizaches, que devolvas un aboamento que non che corresponde etc.
- A escritura é correcta? Se hai erros no texto, como fallos semánticos, palabras con símbolos estraños, frases mal redactadas etc., sospeita da fiabilidade do correo.
- O correo vai personalizado? A túa entidade coñece o teu nome. Se recibes comunicacións anónimas dirixidas a «Notificación a usuario» ou «Prezado amigo», é un indicio de que cómpre estar alerta.
- É necesario facer algo urxente? Se nos obriga a tomar unha decisión en pouco tempo, non é bo sinal. Contrasta coa túa entidade se a urxencia é real ou non.
- A ligazón é real? Observa se o texto da ligazón coincide co enderezo ao que apunta.
- Quen envía o correo? Se recibes a comunicación dunha caixa de correo tipo @gmail.com ou @hotmail.com, sospeita!
- Que tipo de información piden? Se solicitan datos dos teus produtos bancarios e datos persoais, como o teu teléfono móbil, NIF etc., podería ser un correo fraudulento.
Para obter máis información, podes acceder ás páxinas http://www.osi.es e http://www.incibe.es avaladas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que proporcionan recomendacións, guías e ferramentas gratuítas coas que navegar máis seguro.
En caso de dúbida, sen facilitar dato financeiro algún, cómpre contactar de inmediato co noso servizo de atención á clientela.
Smishing
Smishing é unha variante do phishing tradicional que, no canto de enviar correos electrónicos, utiliza as mensaxes SMS.
Mediante o envío de mensaxes SMS ao móbil, téntase convencer ao usuario para que visite unha páxina fraudulenta ou chame a algún número de teléfono co obxectivo de obter as súas chaves de banca electrónica, datos financeiros, como o número e o PIN da súa tarxeta, ou información persoal. Tamén pode ter outros propósitos, como vender produtos ou servizos falsos, infectar o dispositivo móbil cun virus etc.
Algúns exemplos de smishing poderían ser:
– Chámenos inmediatamente ao teléfono 9X XXX XXX en relación cunha recente restrición na súa conta. Grazas.
– Envíenos a seguinte documentación: copia da súa tarxeta de coordenadas e a súa tarxeta bancaria, e anote tamén o PIN, ao correo XXXXXXXXXXXXXXXXX.
– Prezado cliente, a súa tarxeta VISA foi bloqueada pola súa seguridade. Para desbloqueala, visite urxentemente a web XXXXXXXXXXXX e complete os pasos. Ten 24 h.
Estes son algúns consellos básicos para evitar ser vítima dun smishing:
- Non accedas a ningunha ligazón que chegue a través de SMS, especialmente se non coñeces o número telefónico do remitente.
- Non proporciones usuarios, chaves, datos bancarios ou persoais a través de SMS. Se recibes unha mensaxe que solicita estes datos, desconfía e contacta coa túa entidade.
- Mantente informado sobre as técnicas e modalidades de estafas que se utilizan para enganar aos usuarios.
- Non almacenes información persoal ou bancaria no teu móbil, como chaves de acceso á túa banca multicanle, coordenadas de sinatura, PIN da túa tarxeta etc. Os virus poden transmitir estes datos sensibles aos estafadores.
Para obter máis información, podes acceder ás páxinas http://www.osi.es e http://www.incibe.es, avaladas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que proporcionan recomendacións, guías e ferramentas gratuítas coas que navegar máis seguro.
En caso de dúbida, sen facilitar dato financeiro algún, cómpre contactar de inmediato co noso servizo de atención á clientela
Virus informáticos
Os virus informáticos son programas que se instalan no PC, a tableta ou o smartphone dunha persoa usuaria sen permiso ou coñecemento desta con fins maliciosos, como roubar ou destruír información.
– Consecuencias dos virus:
· Borrado de información
· Roubo de información
· Suplantación de identidade
· Perdas económicas
– Síntomas de dispositivos infectados:
· Realización de operacións máis lentamente
· Incremento do tempo de execución e carga de programas
· Diminución puntual e/ou permanente de forma non xustificada do espazo libre no disco duro e da memoria RAM dispoñible
· Aparición de programas descoñecidos na memoria
– Vías de entrada:
· Correo electrónico
· SMS
· Dispositivos de almacenamento externos (memorias USB, discos duros, tarxetas de memoria etc.)
· Descarga de ficheiros
· Páxinas web «maliciosas»
· Redes sociais
– Medidas de protección:
Para evitar as posibles infeccións de virus, é conveniente tomar unha serie de precaucións:
· Sé prudente ao visitar sitios web descoñecidos e vixía a descarga de ficheiros ou programas.
· Non almacenes nin executes no teu dispositivo programas dos que non coñezas a orixe.
· Mantén ao día o teu sistema operativo coas últimas actualizacións.
· Busca sempre o prefixo https:// no enderezo do sitio web.
· Utiliza un sistema antivirus incorporando «devasas» (firewall) e un sistema «antiespía» (spyware) e manteos permanentemente actualizados.
· Verifica os documentos que puideses recibir do exterior (por correo electrónico, disquete, descarga etc.) co antivirus.
· Nunca executes un programa nin sigas unha ligazón que chegue por correo electrónico ou SMS e pareza estraño, nin participes en mensaxes en cadea.
· A información é esencial para identificar os riscos e poder combatelos. Procura estar ao día das ameazas que circulan.
· Visita periodicamente páxinas de seguridade dos fabricantes dos programas que utilices.
· Fai copias de seguridade con certa frecuencia, para evitar a perda de datos importantes.
· Utiliza ferramentas de seguridade (medidas para eliminar ameazas coñecidas e/ou incidencias ocorridas) ou plugins de seguridade para o navegador:
Programas de bloqueo de fiestras emerxentes
Programas de bloqueo de banners
Programas anti-spam
Programas anti-fraude
· Utiliza o sentido común. Sé precavida/o perante calquera cousa que pareza sospeitosa.
Para obter máis información, podes acceder ás páxinas http://www.osi.es e http://www.incibe.es avaladas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que proporcionan recomendacións, guías e ferramentas gratuítas coas que navegar máis seguro.
En caso de dúbida, sen facilitar dato financeiro algún, cómpre contactar de inmediato co noso servizo de atención á clientela.