Nova Liña de Financiamento para a Economía Social
Tesouraría a curto prazo
A túa empresa traballa polo benestar social, o medio natural e o impacto positivo? Coa nosa nova liña de crédito, axudámosche a impulsar o teu proxecto.
1 Son entidades socias aquelas que adquiriron capital social en Fiare Banca Etica. Consulta aquí toda a información e custos de asociarte.
O capital mínimo para ser persoa socia son 5 accións. No caso das persoas xurídicas recoméndase a adquisición mínima de 10 accións. O prezo de cada acción é 63,00 € (52,50 € de valor nominal máis 10,50 € de prima).
2 As entidades con convenio son aquelas coas que Fiare Banca Etica, por compartir unha sintonía de valores, asinou un convenio para favorecerlles o acceso a servizos financeiros de distinto tipo ás entidades membros. O obxectivo é consolidar relacións de proximidade e estratéxicas facilitando procesos e tarifas especiais para clientes estratéxicos.
* Tipo de xuro variable
** A TAEVariable calculouse partindo da hipótese de que os índices de referencia non varían e, polo tanto, variará coas revisións do tipo de xuro. Así mesmo, a TAE pode variar en función do prazo por mor da existencia dunha comisión de apertura porcentual.
Características
Finalidades: necesidades de liquidez e anticipo de facturas, convenios ou subvencións.
Duración: desde 6 meses até 18 meses.
Comisión de apertura: 0,5 % para entidades socias1 e/ou con convenio2; 1 % para entidades non-socias ou sen convenio.
Comisión saldo medio non-disposto: 0,5 %
Tipo de xuro (TIN)* mínimo: Euribor anual + 0,25 puntos porcentuais
TAEVariable mínimo** = 4,24 %
Calculado para un caso en que se apliquen todos os criterios de desconto posibles.
Tipo de xuro (TIN)* máximo: Euribor anual + 2 puntos porcentuais
TAEVariable máximo** = 6,31 %
Calculado para un caso en que non se aplique ningún desconto.
Criterios de desconto
O cálculo do prezo determínase segundo os criterios seguintes.
Garantías | Desconto |
---|---|
FEI | 0,60 % |
ICO | 0,75 % |
SGR | 1 % |
Impacto e mutualismo | Desconto |
---|---|
Entidade socia | 0,25 % |
Entidade pertencente á rede de convenios | 0,25 % |
Entidade liderada por mulleres | 0,25 % |
Exemplos
Exemplo representativo para a TAEVariable mínima (con descontos)
Unha entidade socia e con convenio e garantía SGR solicita un crédito a 18 meses de 100 000 € o día 01/06/2024, aplicándolle un tipo de xuro (TIN) baseado no Euribor anual con data 3 de xuño de 2024 (3,680 %) máis 0,25 puntos porcentuais, é dicir, 3,93 %. Comisión de apertura: 0,5 %.
Ao tipo de xuro nominal (TIN) do 3,93 % aplicáronse 4 descontos: (i) por ter a garantía SGR (1 punto porcentual de desconto), (ii) por ser unha entidade socia (0,25 puntos porcentuais de desconto), (iii) por ser unha entidade con convenio (0,25 puntos porcentuais de desconto) e (iv) por ser unha entidade liderada por mulleres (0,25 puntos porcentuais de desconto) que suman 1,75 puntos porcentuais de desconto.
Polo tanto, a TAEVariable* (mínima) ascendería a 4,24 %.
Importe total do crédito: 100 000 €
Importe total debido: 106 395 €
Custo total da liña de crédito (importe total debido – importe total do crédito): 6395 €
Xuros da liña de crédito: 5895 €
* Cálculo da TAEVariable para un crédito asinado o 01/06/2024 con vencemento o 01/12/2025 tendo en conta o Euribor da data sinalada. Amortización e liquidación de xuros no vencemento.
Exemplo representativo para a TAEVariable máxima
Unha entidade non-socia sen descontos aplicables solicita un crédito a 18 meses de 100 000 € o día 01/06/2024, aplicándolle un tipo de xuro (TIN) baseado no Euribor anual con data 3 de xuño de 2024 (3,680 %) máis 2 puntos porcentuais, é dicir, 5,68 % ao que non se aplicará ningún desconto. Comisión de apertura: 1 %.
Polo tanto, a TAEVariable* (máxima) ascendería a 6,31 %.
Importe total do crédito: 100 000 €
Importe total debido: 109 520 €
Custo total da liña de crédito (importe total debido – importe total do crédito): 9520 €
Xuros da liña de crédito: 8520 €
* Cálculo da TAEVariable para un crédito asinado o 01/06/2024 con vencemento o 01/12/2025 tendo en conta o Euribor da data sinalada. Amortización e liquidación de xuros no vencemento.
Precisas máis información?
Escribe a comercial@fiarebancaetica.coop.