TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Depósitos a prazo
24 meses

Produto e prazo: depósito a 24 meses a taxa de xuro.

DuraciónTAETIN
24 meses0,911%1,091%*
(Euribor – 1,6 puntos porcentuais)
*Exemplo con taxa de xuro a 05/11/2024. A revisión da taxa de xuro, referenciada ao prezo do Euríbor, será anual.

Condicións para contratar o depósito:

O depósito pódeno contratar as persoas clientas ou socias con conta corrente. No caso de non ser clienta, é obrigatorio contratar unha conta corrente na entidade.

Exemplo representativo para unha persoa socia con conta corrente: para un importe de 10.000 €, a unha TAE de 0,911%, (TIN de 1,091%), percíbese unha remuneración total de 182,20€ no suposto de que se manteña o importe total durante 24 meses. Esta remuneración obtense do cálculo do total de xuros (TIN) devindicados no período de referencia, menos o custo anual da conta corrente para persoas socias, que ascende a 18 €.

Remuneración do depósito para a/o titular:

A respecto do cálculo da TAE, considérase que o índice de referencia (o último Euribor publicado no BOE para toda a vida do depósito) se mantén fixo até o vencemento da operación e que os xuros se liquidan ao finalizar o prazo do depósito. Ademais, considérase o custo anual da conta corrente para persoas socias, que se resta do total de xuros devindicados (TIN).

Para levar a cabo o cálculo do TIN, tómase o último Euribor 12 meses publicado no BOE, neste caso o día 5 de novembro de 2024, que era do 2,691% menos 1,6 puntos porcentuais. Polo tanto, o TIN toma como referencia unha taxa de xuro fixa.

A comisión por cancelación anticipada será do 0,25 %, cun mínimo de 25 € e un máximo de 250 € (sen que poida superar os xuros devindicados no período).

A información resaltada en grosa é especialmente relevante.

Todas as tarifas

Coñece as condicións completas de todos os produtos.

Precisas máis información?

Contacta connosco.

Contacta connosco

Axudámosche!

Queres saber máis?

Consulta as nosas preguntas frecuentes

Os nosos principios

Queremos mudar as regras do mercado financeiro a través da transparencia e a responsabilidade social