Os nosos principios
Comecemos polos principios
Somos un banco diferente da banca tradicional. Queremos mudar as regras do mercado financeiro a través da transparencia e a responsabilidade social. E para logralo, estes son algúns dos nosos principios.

Ética
A ética defínenos porque está, ou debería estar, na base de todo. A ética debe guiar a conduta humana en todas as súas actividades. E, por suposto, na banca.

Cooperativa
Somos un banco cooperativo e, como tal, recoñecemos o dereito das persoas socias a participar na toma de decisións.

Igualdade
Defendemos un modelo de sociedade sen ningún tipo de discriminación, feminista, solidario e con mellor distribución da riqueza. E contribuímos a logralo.

Medio ambiente
Esiximos respecto e coidado do medio ambiente no desenvolvemento de calquera actividade económica que apoiamos. Na nosa tamén, por suposto.

Transparencia
Foi un dos nosos compromisos máis firmes desde o comezo. Explicar como usamos o diñeiro das persoas e entidades aforradoras.

Paz
Estamos ao servizo das persoas e a sociedade. Nunca financiaremos empresas dedicadas á fabricación e comercialización de armas, nunca financiaremos a guerra.