O Plan estratéxico 2025-2028 define os obxectivos e liñas de acción que guiarán o Grupo Banca Etica nos vindeiros catro anos.
En coherencia cos nosos valores de cooperativismo e mutualismo, a súa elaboración foi un proceso participativo no que interviñeron máis de 1000 persoas e organizacións socias por medio de 72 encontros e enquisas ás que responderon máis de 4000 socias e socios. Este enfoque reforza o noso compromiso cun modelo financeiro transparente, compartido e centrado no impacto social.
Cinco prioridades estratéxicas para impulsar o cambio
O Plan estratéxico establece cinco prioridades clave para consolidar un modelo de finanzas transformador e de impacto positivo:
- Finanzas transformadoras
Apostamos por unha sustentabilidade integral que abranga o económico, social, ambiental e cultural. Para iso, impulsaremos alianzas novas que maximicen o impacto positivo nas persoas e o medio ambiente.
- Crecemento do crédito nun 35 %
Nos vindeiros catro anos aumentaremos a nosa capacidade de financiamento para persoas e organizacións socias e clientas, consolidando as finanzas éticas como unha opción cada vez máis accesible e relevante.
- Compromiso coa economía social
Reafirmamos o noso papel na economía social como ferramenta para reducir desigualdades e inxustizas. Ademais, innovaremos na oferta de servizos non-financeiros para seguir apoiando as nosas comunidades.
- Eficiencia como principio reitor
Conforme recollen os nosos estatutos, a eficiencia será o criterio co que medir o alcance dos nosos obxectivos e garantir un impacto real na sociedade.
Cara a unha maior independencia
Coa absorción da xestión dos fondos de Etica SGR, avanzamos na construción dunha cadea de finanzas ética autosuficiente e independente.
Innovación e mellora nos servizos
A optimización dos nosos servizos é unha prioridade estratéxica. A implantación do novo Core Banking System halle permitir a Fiare Banca Etica operar con maior eficiencia, seguridade e produtividade. Así mesmo, exploraremos o potencial da intelixencia artificial, garantindo sempre o respecto dos principios de transparencia, ética e inclusión.
Un paso decisivo cara á autonomía do grupo
A adquisición de IMPACT SGR marcará un fito clave no futuro de Grupo Banca Etica. Esta operación permitiranos xestionar de forma autónoma os nosos fondos de investimento, reforzando a nosa identidade e ampliando a oferta de produtos dentro dunha «cadea 100 % ética».

Nova aplicación móbil: un paso adiante na banca móbil
17.02.2025

As finanzas éticas, un suspiro de esperanza.
29.01.2025

Facendo balance de 2024: unha década de impacto en España
17.01.2025

Achegamos enerxía á túa comunidade: Convocatoria para comunidades enerxéticas
10.01.2025

Fiare Banca Etica e o Fondo Europeo de Investimentos: un novo acordo para impulsar as finanzas éticas
05.12.2024

Protexe as túas tarxetas ao facer compras online e offline
29.11.2024