Organización Territorial das Persoas Socias
Democracia: esa é a chave
Organizarse, agruparse a distintos niveis, propoñer, participar na toma de decisións do Banco. Iso é democracia económica.
Para facilitar que las personas se hagan socias de Banca Etica, hemos desarrollado una organización basada en una dimensión local (la Circunscripción y el Grupo de Iniciativa Territorial- GIT), una dimensión de Área (la Coordinación de Área y el Fórum de Área) y una dimensión de enlace entre las diferentes Áreas (Interfórum).
A Circunscrición Local e o GIT
As circunscricións agrupan as persoas socias (físicas e xurídicas) dun territorio que, reunidos na Asemblea, elixen un GIT (Grupo de Iniciativa Territorial), que consta de entre 3 e 11 membros. Estes grupos nomean a persoa coordinadora.
O GIT, que se caracteriza por ser unha asociación de feito, proponse difundir a cultura das finanzas éticas, satisfacer as necesidades, esixencias e intereses do territorio e garantir a información sobre a actividade do Banco.
As persoas coordinadoras dos GIT forman parte das Áreas noroeste, nordés, centro e sur de Italia e a nova Área Fiare. Reúnense para formar a Coordinación da Área e elixen ao seu Referente de Área. Este último intervén no Fórum de Área como representante das persoas socias.
Fórum de Área
O Fórum de Área nace coa vontade de dar voz ás necesidades locais e desenvolver, ao mesmo tempo, unha acción máis radicada e coordinada no territorio.
A descentralización de poderes, tarefas e funcións, obxectivo estratéxico de Fiare Banca Etica, atopa no Fórum de Área o momento de síntese dos 4 niveis de actividade do Banco: asociativo, formativo, operativo e político.
Estas son as principais funcións do Fórum:
- Captar e analizar as necesidades e propostas do territorio, facilitando ao banco pautas para podelas satisfacer de maneira puntual.
- Impulsar as relacións coas Circunscricións e as persoas socias do Banco e desenvolver unha acción sinérxica coas organizacións locais.
- Programar medidas socioculturais no territorio.
Interfórum
O Interfórum, que é o lugar de enlace e debate entre os 5 Fórums de Área, é un organismo consultivo e propositivo, a ferramenta necesaria para pór en marcha, supervisar e avaliar os procesos organizativos que interesan ás numerosas actividades do Banco e ás súas interrelacións.
¿A qué esperas?
Participa ti tamén no noso proxecto de democracia económica.
Descubre como asociarte ou contacta co Grupo de Iniciativa Territorial das persoas socias de Fiare Banca Etica da túa zona.