Asociarse
Asociarse é dar un paso máis
Chegou o momento de comprometerte coas túas ideas, de participar nun proxecto que comparte os teus principios, de facer que o teu diñeiro non só xere máis diñeiro, senón que cree tamén valor social.
Beneficios e participación
As persoas socias teñen dereito a intervir, por medio da Organización Territorial de Persoas Socias, no goberno do Banco e na toma de decisións, para contribuír a plasmar as decisións estratéxicas ou propor candidaturas para os órganos de goberno. A presenza activa nas circunscricións permite ás persoas socias colaborar na promoción dos ideais do banco e no seu desenvolvemento no territorio. Para ser socio/a o ampliar el capital social, debes ser cliente de cuenta corriente y adquirir acciones a través de la Banca por Internet o a través de tu gestor/a de cuenta si eres una entidad.
Cales son os beneficios para as persoas socias?
- Unha relación baseada na mutualidade. A persoa socia forma parte dunha comunidade animada por compartir un proxecto e os seus valores fundamentais: de aí deriva o seu mutualismo, a reciprocidade e a solidariedade.
- A utilidade social e ambiental. No Código Ético afirmamos que o obxectivo principal da nosa actividade emprendedora é crear valor social e económico, non maximizar as ganancias. En coherencia con este principio, decidimos non repartir beneficios aos/ás accionistas, senón limitármonos a revalorizar as accións para garantir que as persoas socias manteñen no tempo o valor investido. Fiare Banca Etica reparte beneficios sociais e ambientais, remunerando o capital investido en forma de patrimonio común xerado, vantaxes achegadas á comunidade e ao territorio, e unha maior solidez do proxecto de finanzas éticas.
- Facilidades económicas. Reservamos para as persoas socias, contas correntes e empréstitos en condicións máis vantaxosas.
- Unha participación ampla. A persoa socia toma parte das decisións do goberno do banco e alimenta o debate cultural sobre as finanzas éticas.
- A nosa vantaxe competitiva radica neste principio: a paixón e a participación das persoas socias, un mecanismo que xera confianza e contribúe á viabilidade do mesmo banco.
Como participan as persoas socias?
- A Asemblea Xeral de persoas socias.
- Fórum de Área: unha reunión-debate de dous días entre as persoas coordinadoras dos GIT, as colaboradoras do banco e o Consello de Administración.
- A Organización Territorial das persoas socias: unha modalidade orixinal respecto do sistema bancario para conciliar e conxugar o valor da participación «colectiva» coa responsabilidade dunha participación social.
- A Avaliación Social: Fiare Banca Etica conta con comisións de avaliación ético-social, é dicir, grupos de persoas socias que axudan ao banco a realizar a auditoría socio-ambiental, a avaliación técnica que acompaña as solicitudes de financiamento.
- O proxecto «Comunidade de acción»: é a colaboración entre sucursais e persoas socias organizadas no territorio para alcanzar obxectivos de desenvolvemento comercial e promoción cultural.