Achégase a data da Asemblea 2025. Este acontecemento dálle vida ao noso modelo de gobernanza democrática. En liña cos nosos principios, ofrecemos este espazo para que as persoas socias do banco poidan participar na asemblea cun bo coñecemento das listas que se presentan como candidatas ao Consello de Administración.
Por ese motivo, e co obxectivo de garantir este dereito de forma plena e un proceso electoral o máis participativo posible, convidámoste aos debates electorais en liña coas persoas representantes das listas candidatas ao Consello de Administración.
- Lista participativa – Por unha Banca Etica, inclusiva e dialogante
- Lista autónoma – Re:start Banca Etica 2025
Nestes encontros, as candidaturas presentarán e defenderán as súas propostas.
Debate electoral do Grupo Banca Etica
Esta primeira sesión será un espazo de diálogo aberto a todo o Grupo Banca Etica. Se te rexistras antes do 27 de marzo ás 17.30, poderás enviar as túas preguntas ás persoas candidatas para que sexan consideradas durante o debate. Despois desta data, poderás seguir rexistrándote, mais xa non poderás enviar preguntas previas.
- Mércores 2 de abril
- 17.30 horas
- En italiano, con interpretación simultánea ao castelán
Debate electoral Fiare Banca Etica
Este segundo debate está dirixido especificamente ás persoas socias da área Fiare Banca Etica. Durante a sesión, abordaranse preguntas predeterminadas para analizar a valoración do banco por parte das súas socias e socios.
- Mércores 10 de abril
- 18.00 horas
- En italiano e castelán, con interpretación simultánea ao castelán
A túa participación é clave para construírmos, entre todas e todos, o futuro da nosa banca ética.
Lista participativa: froito dun proceso cos distintos portadores de valor do banco, que participan activamente na súa elaboración. Cada un dos 7 portadores de valor pode apoiar un comité promotor, que ten a función de elaborar a lista de persoas candidatas. Os mesmos portadores de valor realizan achegas ao programa electoral que presenta ese comité promotor e poden propor persoas candidatas para formar a lista que será presentada como candidata ao Consello de Administración.
Lista autónoma: realízase cun proceso que prevé a recollida de cando menos 200 sinaturas de persoas socias, que deben formar parte de cando menos dúas áreas distintas do banco. Para cada área débense recoller como mínimo 50 sinaturas. O comité promotor elabora a lista definitiva de persoas candidatas de forma autónoma, que será presentada ao Consello de Administración.
Persoas candidatas individuais: é posible presentarse ao Consello de Administración sen formar parte dunha lista, só recollendo 50 sinaturas de persoas socias.
As persoas candidatas individuais vótanse por separado das listas. Cada persoa socia pode votar unha lista e unha candidata individual.

Protexe as túas tarxetas ao facer compras online e offline
29.11.2024

Medidas de apoio ás persoas e entidades afectadas pola DINA
11.11.2024

Actualización dos convenios con Fiare Banca Etica
06.11.2024

O camiño electoral para a asemblea 2025, paso a paso
05.11.2024

Convidámoste a celebrar unha década de Fiare Banca Etica en Madrid!
31.10.2024

Un legado de compromiso e paixón
10.09.2024