TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES
Asemblea de socios e socias 2025 -> Infórmate e participa

Finanzas Éticas

Todas as novidades sobre as finanzas éticas

Nova aplicación móbil: un paso adiante na banca móbil

Nova aplicación móbil: un paso adiante na banca móbil

Nova aplicación móbil: un paso adiante na banca móbil

Fiare Banca Etica lanzou a súa nova aplicación móbil, deseñada para lles ofrecer aos seus clientes unha experiencia máis áxil, intuitiva e aliñada cos valores de sustentabilidade e transparencia que caracterizan a entidade. Esta nova ferramenta dixital busca facilitar o acceso aos servizos bancarios dun xeito máis próximo, sen perder de vista os principios que guían a súa actividade.

Funcionalidades principais

A nova aplicación móbil de Fiare Banca Etica foi deseñada co obxectivo de simplificar a xestión financeira das persoas usuarias. Entre as súas principais funcionalidades encóntranse as seguintes:

  • Xestión de contas e movementos: as persoas clientas poden consultar as súas contas, realizar transferencias, programar pagamentos e recibir notificacións ao momento sobre os seus movementos financeiros, todo iso cunha interface clara e accesible.
  • Seguridade avanzada: conscientes da importancia da seguridade na contorna dixital, a nova aplicación móbil inclúe medidas de protección avanzadas, como a autenticación en dous pasos e biometría, o que garante que as operacións se realicen de forma segura, así como a posibilidade de vencellar a aplicación a un único dispositivo móbil.
  • Compromiso coa sustentabilidade: Unha das principais preocupacións de Fiare Banca Etica é o impacto medioambiental. En liña con este compromiso, a nova aplicación foi deseñada para minimizar o emprego de papel, incentivando as persoas usuarias a optaren pola dixitalización das súas operacións bancarias.

Como cambio o idioma da APP?

Na nova App é posible cambiar o idioma a galego, catalán e euskera.

Podo ocultar os meus datos na APP?

Se abres a aplicación e non queres que apareza información confidencial na pantalla, podes ocultar estes datos facendo clic en “ocultar”.

A nova aplicación móbil de Fiare Banca Etica é un paso significativo cara a unha banca máis accesible e responsable, que non só facilita a vida das persoas usuarias, senón que tamén contribúe activamente á construción dunha sociedade máis equitativa e consciente.

Descárgaa agora en iOS e Android, e goza da mellor tecnoloxía para xestionar as túas finanzas con total confianza.