Información relativa ao artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679.
Consonte o art. 13 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD), informámoste de que os teus datos persoais, que proporcionas libremente, serán tratados por Banca Popolare Etica Scpa (no sucesivo, «o Banco»), con sede en Via Tommaseo, n.º 7 – Padua, responsable do seu tratamento, para procesar a túa solicitude de subscrición ao boletín de novas. O consentimento pode ser revogado en calquera momento utilizando, cando estea presente, a ligazón apropiada incluída en cada boletín recibido ou contactando co Responsable dos datos. Lembra que a retirada do consentimento non afecta á licitude do tratamento baseado no consentimento prestado antes da retirada. A subministración dos teus datos é gratuíta; porén, de non desexar proporcionalos, non será posible continuar coa túa subscrición ao boletín de novas. En relación coas finalidades indicadas, o tratamento de datos será realizado por persoal autorizado conforme o art. 29 do Regulamento (UE) 2016/679, realizarase de forma que se garanta a seguridade e a confidencialidade, e poderá realizarse por medios electrónicos. Os datos que comunicas conservaranse só durante o tempo estritamente necesario para dar curso á túa solicitude. Os datos persoais tamén poderán transmitirse a terceiros países, é dicir, países non-pertencentes á Unión Europea ou ao Espazo Económico Europeo. Sexa como for, o Banco declara e garante que cumpre todo o disposto no capítulo V do Regulamento (UE) 2016/679, polo que a transmisión se realizará exclusivamente a terceiros países cuxo nivel de protección dos datos persoais estea recoñecido como axeitado pola Comisión Europea ou, en caso contrario, exclusivamente previa sinatura dunhas cláusulas contractuais estándares dirixidas a garantir a protección axeitada dos datos persoais obxecto de transmisión. Como alternativa, poderase valorar a aplicación dunha das derrogacións previstas no art. 49 do RXPD. Finalmente, lembrámoste que, segundo o estipulado no art. 15 e seguintes do RXPD, tes dereito a recibir confirmación da existencia ou non daqueles datos relacionados contigo e do acceso aos mesmos, a que se te indique a orixe, a finalidade e a modalidade do seu tratamento, á actualización, rectificación, integración e portabilidade dos datos, así como á cancelación destes se se tratasen violando as leis ou sempre que se dea un dos motivos especificados no art. 17 do RXPD. Para exercer os dereitos contemplados no art. 15 e seguintes, así como para recibir máis información sobre o tratamento dos teus datos persoais, podes dirixirte directamente ás nosas oficinas ou enviar unha solicitude por escrito a través do módulo dispoñible no sitio web do Banco, no apartado «Privacidade e política de cookies» á atención da persoa responsable de Protección de Datos (Data Protection Officer): DPO@bancaetica.com. En caso de observar unha violación no tratamento dos teus datos persoais (como a inclusión dos teus datos persoais nunha listaxe de correo ou na páxina web do Banco), poderás presentar unha reclamación formal na Oficina de Reclamacións – Servizo de Asistencia Legal – Via Tommaseo, n.º 7 – IT-35131 Padua – reclami@bancaetica.com. Informámoste de que o prazo de resposta após a presentación da túa solicitude, segundo o art. 15 e seguintes, é dun (1) mes, prorrogable a dous (2) meses en casos de especial complexidade; nestes casos, o Banco enviarache cando menos unha comunicación de tramitación no prazo dun (1) mes, informándote da aceptación a trámite da devandita solicitude. De considerar que o tratamento dos teus datos por parte do Responsable incumpre o RXPD, poderás presentar unha reclamación perante a autoridade de control.