Informe de impacto
Que é o Informe de impacto?
Un dos nosos principios reitores é «a atención ás consecuencias non-económicas das accións económicas». Por iso medimos a actividade de Banca Etica dende unha perspectiva económica, social e ambiental.
O Informe de impacto, que xa vai pola súa quinta edición, é un documento que publicamos cada ano co obxectivo de medir os resultados de impacto ambiental, social e de bo goberno corporativo que xeran os créditos concedidos por Banca Etica.
Este espazo en liña está á túa disposición para coñecer como facemos banca de maneira diferente, verificar os impactos da nosa actividade e participar no obxectivo de facer de Banca Etica unha empresa cada vez mellor e con capacidade de transformación.
Le o informe de 2023
Todos os nosos informes
Selecciona un ano e descubre todos os impactos ambientais, sociais e de gobernanza da actividade de Banca Etica.