Perfil institucional
Somos diferentes, tamén organizándonos
Somos un banco en mans de persoas e organizacións. Persoas que cren no cooperativismo, nos modelos de gobernanza democrática e nos obxectivos sociais da banca. Persoas con principios que forman parte activa dos nosos órganos de goberno.
Constituído en forma de sociedade cooperativa por accións, operamos en territorio español e italiano co obxectivo de fomentar a cooperación e a solidariedade.
Estatuto, máis alá de ser conforme á Lei, presenta algunhas peculiaridades que marcan a especificidade de Fiare Banca Etica desde os seus inicios.
A ampla e potente participación das persoas socias no capital social do banco e os procesos de decisión democráticos contribuíron a desenvolver unha estrutura organizativa orixinal que se concreta coa súa integración na estrutura asociativa (cinco áreas territoriais) e a estrutura operativa (filiais, técnicos de desenvolvemento territorial e a sede central).
Órganos obrigatorios
Asemblea de persoas socias
A Asemblea é o órgano supremo de Banca Etica. Na Asemblea poden participar todas as persoas socias cunha antigüidade mínima de noventa días. E cada persoa socia ten dereito a un voto, con independencia do número de accións posuídas. En Banca Etica rexe o principio de «unha persoa, un voto».
Consello de Administración
O Consello de Administración, elixido entre as socias de Banca Etica, é o órgano colexial que xestiona a actividade social do banco, é dicir, a realización de todos os actos encamiñados á consecución do obxecto social. Ademais, exerce a dirección e coordinación das sociedades do Grupo. O Consello pode nomear máis dun vicepresidente e o seu Comité Executivo está composto por cinco conselleiras e conselleiros, mais as persoas que ocupen a presidencia ou a vicepresidencia non poden participar, porque non poden ser executivas.
Para garantir o carácter peculiar de Banca Etica, os Estatutos establecen que os candidatos non só deberán ostentar os requisitos previstos pola lei (profesionalidade, respectabilidade e independencia), senón satisfacer tamén certos requisitos sociais. Os candidatos deberán coñecer e ter experiencia en, cando menos, un dos eidos de intervención do banco (terceiro sector, economía social e solidaria, cooperación social e internacional, finanzas éticas, medio ambiente e fontes de enerxías renovables). Tamén aquí só poden ser candidatas as persoas socias de Banca Etica cunha antigüidade mínima de 90 días.
Xunta de Revisión
Elixida pola Asemblea de Persoas Socias, a Xunta de Revisión vela pola correcta administración da Sociedade e o cumprimento dos acordos sociais, vínculos legais, estatutarios e regulamentarios.
Organismo de Vixilancia
Supervisa a aplicación do Código Ético e a conformidade co decreto lexislativo italiano n.º 231/01.
A respecto do Código Ético, o Organismo de Vixilancia encárgase de:
• promover iniciativas encamiñadas a dar a coñecer, fomentar e aplicar o Código Ético;
• vixiar o cumprimento e respecto do Código Ético por medio do sistema de control do banco e de específicos sistemas de sinalización;
• propor ao Consello de Administración, após consulta ao Comité Ético, sancións en caso de graves violacións do Código Ético;
• supervisar o funcionamento e a adecuación do Código Ético;
• propor á Asemblea de Persoas Socias, após escoitar a opinión do Consello de Administración e do Comité Ético, a posible adaptación;
• informar periodicamente ao Consello de Administración e ao Comité Ético sobre o estado de aplicación do Código Ético;
• respecto do decreto lexislativo n.º 231/01, o Organismo de Vixilancia verifica a aplicación e o cumprimento do modelo de xestión e control encamiñado a previr os delitos recollidos nese decreto.
Por correo electrónico organismodivigilanza@bancaetica.com
Comité de Arbitraxe
O Comité de Arbitraxe é elixido pola Asemblea de Persoas Socias de Banca Etica e está integrado por tres membros titulares e dous suplentes.
A súa función consiste en pronunciarse sobre as controversias que poidan suscitarse entre o banco e as persoas socias ou entre elas mesmas, en relación coa interpretación ou aplicación dos Estatutos ou calquera outra decisión dos órganos do banco sobre relacións sociais.
As persoas elixidas permanecen no cargo tres anos e poden ser reelixidas. O mandato expira na data da Asemblea Xeral do terceiro ano de mandato.
O Comité de Arbitraxe actual foi elixido o 14 de maio de 2022 e está composto por:
Alberto Hoch – Presidente
Stella Amato Maria
Miguel Salinas
Suplentes:
Lucio Turra
Tatjana Cinquino
Para saber máis: Regulamento do Comité de Arbitraxe de Banca Etica
Para contactar co Colexio de Arbitraxe, pódese escribir a: probiviri@bancaetica.org
Comité de partes vinculadas
O Comité de Partes Vinculadas é unha institución no seo de Banca Etica que preside as dilixencias coas partes vinculadas, en cumprimento do Regulamento de xestión de operacións.
Dirección
Á Dirección encomendáselle a execución dos acordos sociais e a supervisión do funcionamento do banco.
Organismos voluntarios
Comité Ético
O Comité Ético (regulamento), elixido pola Asemblea das Persoas Socias, desempeña unha función consultiva e propositiva. Vela polo cumprimento dos Estatutos e o Código Ético, e polo respecto dos principios expresados no espazo sociocultural no que o banco opera. Para desenvolver o seu papel de orientación e guía, o Comité desempeña un papel chave cando o banco ten a necesidade de opinar sobre decisións de carácter político e social que poden afectar aos empréstitos outorgados.
O Comité está composto por:
Martina Morano Pignatti – Presidenta
Gabriele Bollini
Francesca Feruglio
Francisco Javier Martínez Contreras
Antonio Loffredo
Maria Francesca De Tullio
Piero D’Argento
Contacta: segreteria.generale@bancaetica.com
Organización territorial das persoas socias
Para facilitar que as persoas se fagan socias de Banca Etica, desenvolvemos unha organización baseada nunha dimensión local (a Circunscrición e o Grupo de Iniciativa Territorial – GIT), unha dimensión de Área (a Coordinación de Área e o Fórum de Área) e unha dimensión de enlace entre as diferentes áreas (Interfórum):
• Fórum de Área