Historia
Unha historia de historias
O máis importante da nosa historia é que fixemos posibles moitas historias máis. Historias de persoas que puideron desenvolver os seus proxectos e de organizacións que contribuíron a mellorar o mundo en que vivimos. Emporiso, de todos os xeitos, esta é a nosa historia.
En 2003, varios grupos interesados nas finanzas éticas crearon no País Vasco a Fundación Fiare para construír un movemento de cidadanía activa que establecese os cimentos dunha banca ética. En 2005, asinouse o contrato con Banca Popolare Etica e iniciouse a intermediación financeira en territorio español.
Após anos de campaña de recollida de capital social e concesión dos primeiros créditos por todo o país, en 2011 propúxose a integración de Fiare e Banca Popolare Etica, que foi aprobada nas asembleas de ambos os países, até chegar en 2013 á creación da Área Fiare en Banca Popolare Etica. No outono de 2014, iníciase esta nova etapa como Fiare Banca Etica, con ficha legal do Banco de España.
Grazas a miles de persoas socias, materializouse o sono de crear unha institución financeira ética e cooperativa cunha dimensión europea.
En Italia, as primeiras experiencias de finanzas éticas foron as cooperativas MAG (Mutue per l’Autogestione). A idea non era recoller diñeiro e buscar proxectos a financiar, senón atopar primeiro empresas sociais necesitadas de financiamento e, despois, conseguir xente que se comprometese a prestar unha parte do que a empresa social necesitaba.
Nos anos noventa, as MAG contactaron coas institucións do mundo da cooperación social, o voluntariado e as asociacións para crear unha proposta financeira acaida a eses sectores. A iniciativa tivo éxito e, en decembro de 1994, constituíse a Cooperativa Verso la Banca Etica. En 1999, recolleuse o capital social necesario para se converter en banca popular e, após a autorización de Banca d’Italia, abriu a primeira filial en Padua. Grazas aos Grupos de Iniciativa Territorial (GIT), foise consolidando pouco a pouco a presenza en toda Italia, coa apertura de novas filiais, implicando cada vez a máis persoas e estimulando a capitalización.