Grupo Banca Etica
Móvenos a ética, non o diñeiro
Cando a ética importa, o diñeiro humanízase. Os servizos financeiros convértense en apoio a determinados segmentos da poboación, en promoción cultural, en defensa do planeta e das persoas. Este é o principio e o obxectivo que rexe as actuacións de todas as empresas que forman parte do Grupo.
Banca Etica
Fiare Banca Etica é unha entidade bancaria cooperativa de finanzas éticas que traballa en España (co nome Fiare Banca Etica) e en Italia (Banca Etica). Naceu co obxectivo de financiar a cooperación social e a protección do medio ambiente, así como de apoiar as organizacións sen ánimo de lucro e a economía solidaria.
É un banco innovador, cuxas actividades se inspiran por completo nos principios das finanzas éticas: transparencia, cooperación, dereito de acceso ao crédito, eficiencia e atención ás consecuencias non-económicas que teñen as accións económicas.
Fundación Finanzas Éticas
A Fundación Finanzas Éticas nace en España en 2018 para reforzar unha visión crítica das finanzas e potenciar a nosa forma de entendelas. Dispón do portal Valor Social especializado en economía social, cambio climático e finanzas éticas.
Fondazione Finanza Etica
A Fundación Finanza Etica traballa a nivel internacional para promover e difundir os valores das finanzas éticas. Publica o portal Valori, un xornal especializado en temas de economía social, finanzas éticas e sustentabilidade.