Balances. Así: en plural
Balance Social
En coherencia cos principios de transparencia, participación e democracia que están na base da nosa actividade, redactamos e difundimos anualmente o Balance Social. A medición puntual dos obxectivos non-económicos conseguidos é fundamental para Banca Etica, é a nosa responsabilidade social de empresa.
Balance del Exercicio
Porque os obxectivos de Fiare Banca Etica non son só económicos, todos os anos publicamos tanto o Balance Contable como o Balance Social. Que xestionemos ben o diñeiro, o teu diñeiro ou o da túa entidade, é imprescindible para levar a cabo a nosa política social e conseguir os obxectivos que nos propomos. Para Fiare Banca Etica, o Balance do Exercicio é un instrumento de análise non só da xestión, senón tamén do contexto económico, financeiro e socioambiental no que o banco está inmerso. O banco traballa a nivel local, mais é moi consciente do impacto global da súa actividade.
Desde este punto de vista, os resultados obtidos por Fiare Banca Etica até hoxe mostran como os beneficios alcanzados polo banco son froito dun traballo en rede e acaban construíndo unha sociedade mellor para toda a cidadanía.
Podes atopar os balances de exercicios anteriores (en italiano) aquí.