Os Grupos de Iniciativa Territorial (GIT) son a «casa» das persoas socias elixidas a nivel local para difundir as finanzas éticas no territorio, reforzar as relacións coas organizacións e empresas que traballan por unha «nova economía», promover unha cultura de uso responsable do diñeiro e alimentar o debate interno no Banco para convertelo nun afán de mellora continua.
Os GIT naceron dentro do propio banco, que se fundou en 1999 grazas ao esforzo de moitas persoas e organizacións.
Durante estes anos, milleiros de persoas e organizacións elixiron participar no capital social de Fiare Banca Etica porque «co seu diñeiro» quixeron facer medrar un banco independente dos grandes grupos financeiros e soster cos seus propios aforros unha economía ao servizo das persoas e do medio ambiente.
Hoxe, Fiare Banca Etica é un banco sólido e completo, activo en Italia e España. Mais o papel dos GIT non cambiou. Actuando conxuntamente coas persoas que traballan para Banca Etica, contribuímos a determinar as políticas do Banco e a manter vivo o espírito cooperativo e mutualista que o caracteriza.