Fondos éticos
Descubre a nosa proposta de investimento para entidades.
Buscar rendemento e procurar un futuro mellor non deben ser incompatibles.
Os produtos presentados son subfondos da Sicav Multilabel. Esta entidade permítenos vender os mesmos fondos que vendemos a través de Etica Sgr en Italia, co mesmo universo de investimento, a mesma asignación de activos e carteira, e o mesmo xestor financeiro.
Por que elixir os nosos investimentos éticos?
– Cos investimentos de Etica Funds non pagas comisión de entrada, de saída, nin de rendemento. Financiarás só entidades sustentables e responsables: a selección realízase seguindo unha metodoloxía rigorosa. A aposta é dispoñer de servizos financeiros para que calquera persoa ou entidade poida xestionar os seus aforros en Banca Etica.
– Podes subscribir ou vender os fondos en calquera momento: ti decides cando, onde e como investir. A retirada do capital antes dun horizonte temporal a medio-longo prazo pode aumentar o risco de perdas.
– Diversifica o teu investimento, cunha posible minimización de custos e riscos, mesmo cun capital reducido, sabendo que é un produto cun valor que pode variar no tempo, en función das flutuacións do mercado, e que pode haber perdas de capital.
– Inviste de forma simple e ética, buscando acrecentar o teu capital dentro do respecto a uns principios sólidos de responsabilidade social.
Como funciona?
Análise e investigación
As e os analistas de Etica Funds
O noso equipo de analistas ASG (ambiental, social e de bo goberno), formado por expertas e expertos nestes ámbitos e cunha metodoloxía propia patentada ESG EticApproach®, somete os países e sociedades a un cribado dobre. Este último basease en criterios negativos de exclusión e en criterios positivos de avaliación, para os efectos de identificar os Estados que ostenten a cualificación máis elevada dende un punto de vista socioambiental e as empresas que presten máis atención á sustentabilidade e ao benestar colectivo co enfoque «best in class». Así, créase o denominado Universo Investible dos emisores.
Orientación ASG
Comité Ético
Un Comité Ético supervisa o devandito proceso na súa totalidade. Os seus membros son independentes e autónomos, co fin de contar cunha experiencia acreditada en materia de finanzas sustentables e responsables.
Control financeiro
Comité de Investimentos e Xestión de Riscos
O Comité de Investimentos e Xestión de Riscos de Etica Funds é o órgano que apoia o Consello de Administración á hora de tomar decisións en materia de investimentos e de estratexias inherentes á distribución de activos e á xestión de riscos.
Política de investimento
Consello de Administración
O seu Consello de Administración define as políticas relacionadas coa selección dos emisores en base a criterios ASG (ambiental, social e de bo goberno). Así mesmo, delinea a Política de investimento dos fondos.
Actividades de investimento
Xestor delegado
A xestión financeira dos fondos e subfondos de Etica está a cargo do xestor delegado (Anima Sgr).
El mesmo xestiona activamente a carteira partindo do Universo Investible e a Política de investimento que define Etica.