TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Preguntas frecuentes (FAQ)

Recomendacións para que o proceso de alta transcorra sen problemas:

  • Asegúrate de ter unha boa conexión a Internet.
  • Realiza as fotos do DNI con claridade e sen brillos.
  • Asegúrate de que o lugar onde esteas sexa luminoso, para que non haxa problemas na vídeo-identificación.
  • Facilita os datos solicitados consonte o que poña no DNI dado, que debe ser exactamente o mesmo.
  • O proceso adoita durar uns 15 minutos aproximadamente se non hai problemas de conexión.
  • No proceso final de sinatura da documentación, tes que desprazarte polos documentos contractuais até chegar ao final, facer clic na opción «Lido» e asinar.
  • No seguinte vídeo podes ver unha demostración do proceso de alta. https://www.youtube.com/watch?v=YpAcu2fTSfo