O balance deste ano ten un significado especial, pois coincide con dous fitos destacados: o 10.º aniversario das nosas actividades como sucursal en España e o 25.º da apertura en Padua (Italia). Durante os últimos meses celebramos estes logros con actos de recoñecemento, agradecemento e reflexión sobre as oportunidades que nos agardan nos anos vindeiros.
Neste contexto de celebración, recibiunos o Papa Francisco o pasado decembro e lembrábanos que «as institucións bancarias teñen grandes responsabilidades para fomentar unha mentalidade inclusiva e apoiar unha economía para a paz».
A análise destes 10 anos en España reflicte un crecemento anual do 25 % no aforro e do 33 % no crédito, moi por riba da media do noso sector. Nesa mirada á nosa historia, a nosa presidenta, Anna Fasano, lembraba como a posta en marcha da entidade «transformou o soño duns poucos nun proxecto de moitos e coa mirada posta en todos».
E eses «todos», estas persoas e organizacións que pensan máis aló da súa propia economía, obrígannos a lembran a quen máis sofre as consecuencias dos movementos financeiros non-orientados eticamente; ás persoas que seguen en conflitos bélicos que xeran morte, dor e vagas de persoas desprazadas, vagas que chegaron ás nosas propias vilas por medio dunha dina devastadora.
Seguindo esta liña de compromiso, en 2024 estendemos as medidas implantadas en 2023 para mitigar o impacto do encarecemento dos tipos de xuro nos préstamos hipotecarios. Tamén aplicamos accións similares en operacións de financiamento en Valencia e Letur (Albacete). Máis aló dun efecto financeiro, procuramos enviar unha mensaxe de solidariedade e apoio desde o que está ao noso alcance.
Grazas ao empuxe da economía social mantivemos un crecemento do 15 % no crédito durante 2024. O noso estudo conxunto con Abay Analistas sobre as necesidades de financiamento deste sector salienta que o 89,2 % das entidades da economía social agardan manterse ou medrar, en contraste co 77,5 % das pemes españolas. Esta forza e a complicidade que mantemos coa nosa economía social (da que somos parte integrante) impulsounos a lanzar en xullo unha liña de financiamento á economía social por 100 millóns de euros para os vindeiros 2 anos.
Nese compromiso de acompañar o seu crecemento, asinamos un convenio a finais de ano con CESGAR, a entidade que representa as sociedades de garantía recíproca do país. Se engadimos a renovación do acordo que Banca Etica ten co FEI, encontrámonos con ferramentas que nos permiten afrontar o financiamento dos nosos sectores de actividade coa maior solidez posible.
Nestes sectores consolidados —como o cooperativismo, o terceiro sector, as empresas de inserción social, os centros especiais de emprego e a vivenda social— destaca o crecemento do financiamento cultural, en particular a produción cinematográfica, que segue a gañar peso na nosa actividade.
Estas iniciativas reflicten o espírito que compartimos coas nosas entidades irmás da Federación Europea de Bancos Éticos (FEBEA). En novembro, canda a nosa Fundación Finanzas Éticas e a súa homóloga italiana, presentamos en Madrid o informe Máis aló do beneficio, que pon de relevo como os bancos éticos destinan unha media do 68,84 % dos seus activos ao investimento crediticio, fronte ao 51,64 % dos bancos tradicionais.
Este enfoque na economía real e o traballo territorial guiou tamén a nosa expansión este ano. En Galiza, consolidamos a nosa presenza trasladándonos a un espazo compartido en Santiago de Compostela con Espazocoop (referente no cooperativismo galego) e a EAPN Galicia (Rede de loita contra a pobreza). Así mesmo, pechamos 2024 coa convocatoria dun novo posto de traballo en Granada para fortalecer a nosa resposta en Andalucía.
Grazas ao voso apoio, chegamos até aquí. Confiamos en que conxuntamente academos moito máis no futuro.
Feliz 2025, de corazón
Fiare Banca Etica e o Fondo Europeo de Investimentos: un novo acordo para impulsar as finanzas éticas
05.12.2024
Protexe as túas tarxetas ao facer compras online e offline
29.11.2024
7.º Informe sobre finanzas éticas en Europa: bancos éticos sólidos e a carón da economía real
27.11.2024
Medidas de apoio ás persoas e entidades afectadas pola DINA
11.11.2024
Actualización dos convenios con Fiare Banca Etica
06.11.2024
Convidámoste a celebrar unha década de Fiare Banca Etica en Madrid!
31.10.2024