O pasado 20 de marzo seleccionáronse os proxectos finalistas da convocatoria «Achegamos enerxía á túa comunidade», unha iniciativa destinada a fomentar a creación de comunidades enerxéticas locais.
Esta convocatoria apoia proxectos que impulsan modelos de sustentabilidade enerxética, ben por medio do aforro no consumo eléctrico, ben mediante a loita contra a pobreza e a vulnerabilidade enerxética.
En total, presentáronse 43 entidades de distintas comunidades autónomas, das que se seleccionaron 20 finalistas. A escolla realizouse considerando non só criterios como a inclusión social, a perspectiva de xénero ou o impacto ambiental positivo das propostas, senón tamén a capacidade de colaboración entre a base social do banco no territorio e a propia comunidade enerxética.
Grazas á alta participación, o orzamento da convocatoria ampliouse até os 20 000 euros, o que permitirá que cada proxecto finalista reciba 1000 euros para impulsar o seu desenvolvemento.
Un modelo enerxético con impacto social
Entre os proxectos seleccionados destaca a diversidade de enfoques. Por exemplo, Karkarkar, en Navarra, e Ecotxe, nas Baleares, promoven a mobilidade sustentable con vehículos eléctricos desde distintas perspectivas. Karkarkar busca facilitar o acceso a vehículos en zonas rurais, especialmente para persoas que se desprazan para coidar ou asistir a outras. Ecotxe, pola súa banda, aposta por un modelo de mobilidade compartida mediante car sharing eléctrico.
Algunhas iniciativas lograron establecer colaboracións con institucións públicas. É o caso de Barrios la Alhambra, unha unión de proxectos de Granada que asinou un acordo co concello para a cesión de cubertas. En Almería, a cooperativa de consumo Eco-Almócita, coñecida polo seu enfoque accesible, ten previsto replicar este modelo enerxético en edificacións novas.
Outros proxectos céntranse en barrios vulnerables. La Corriente, por exemplo, traballa para pór en marcha unha comunidade enerxética no barrio madrileño de San Cristóbal, unha zona con altas taxas de desemprego e baixos niveis educativos. Conta xa co apoio de varias entidades, incluído o Concello de Madrid. En Barcelona, o proxecto Bon Pastor busca combater a vulnerabilidade enerxética no barrio de Sant Andreu, onde xa comezou a ofrecer obradoiros de sensibilización en temas enerxéticos.
Unha alianza pola transición enerxética
«Achegamos enerxía á túa comunidade» é unha iniciativa proposta polos portadores de valor de Fiare Banca Etica en colaboración coa Fundación Finanzas Éticas. Esta colaboración busca consolidar e fortalecer as comunidades enerxéticas locais co obxectivo de avanzar cara a unha transición enerxética xusta e combater o cambio climático.
Entre os finalistas figuran Agrícola Montitxelvo, Torreblanca Ilumina, Arroyo Alumbra, Abante Jubilar Sevilla, Barrios de la Alhambra, Monachil, Eco-Almócita, Peñaflor, Uribe Butroe Energy Komunitatea, Energía Bonita, Energía Sant Joanina, Cooperativa Energética Local el Castañar, Xunta Llanera, Montes de Couso S. Coop Galega, Arousa en Transición e Comunidade Enerxética Portabouza.

Renovación do convenio de colaboración con REAS para fortalecer a Economía Social e Solidaria.
09.04.2025

Plan estratéxico 2025-2028 para unhas finanzas éticas de maior impacto
17.03.2025

Fenda e desigualdade: a presenza das mulleres no mundo empresarial
08.03.2025

Nova aplicación móbil: un paso adiante na banca móbil
17.02.2025

As finanzas éticas, un suspiro de esperanza.
29.01.2025

Facendo balance de 2024: unha década de impacto en España
17.01.2025