Principais ámbitos de financiamento
O noso financiamento chega onde máis se necesita. Por principio.
Para determinado tipo de empresas é doado atopar financiamento. Porén, cando o ámbito dunha organización é social, precisas un capital social que responda.
Os principais eidos de financiamento de Fiare Banca Etica son:
- Inserción social e laboral de persoas
- Agricultura de proximidade e/ou ecolóxica
- Sustentabilidade ambiental, autoconsumo etc.
- Cultura, educación e dixitalización
- Cooperación ao desenvolvemento e comercio xusto
- Vivenda social e/ou cooperativa
- Finanzas éticas
Se a túa empresa/organización está entre os anteriores ámbitos de traballo, poderás beneficiarte dunha ampla variedade de opcións de crédito. Contacta co persoal.