Colaboración con administracións públicas
Estamos chamados a entendernos
Economía social, solidariedade, dereito á vivenda, protección do medio ambiente… Son algúns dos obxectivos que compartimos coas administracións públicas, e aí temos un punto de encontro.
Banca Etica nació para dirigir el excedente de ahorro hacia las organizaciones que trabajan por una sociedad más Banca Etica naceu para dirixir o excedente de aforro cara ás organizacións que traballan por unha sociedade máis inclusiva e precisan apoio financeiro en momentos puntuais. Para realizar esta función está presente en diferentes territorios e traballa coas redes de economía social alí presentes.
Actualmente hai persoas socias de Banca Etica en todas as comunidades autónomas en España e en boa parte de Italia.
Temos unha longa experiencia no traballo con administracións públicas, e algunhas delas tamén teñen as súas contas no noso banco.
Opcións de colaboración
Ser socias da cooperativa, mercando capital social
Abrir un depósito de aforro
Xestionar un fondo específico, por exemplo, para adiantos de subvencións de diferentes ámbitos
Solicitar financiamento para proxectos concretos; ou de sociedades públicas ou sociedades onde participen agrupacións de municipios
As colaboracións poden ser significativas nos seguintes ámbitos de actividade:
Economía Social e Solidaria
Banca Etica apoia en Italia e España as entidades locais interesadas en favorecer o desenvolvemento da economía social e solidaria no seu propio territorio e persegue os seguintes obxectivos:
– Favorecer o acceso ao crédito.
– Apoiar a constitución e posta en marcha de empresas sociais.
– Promover proxectos para a mellora da calidade dos servizos prestados.
– Favorecer as condicións para a constitución de consorcios de cooperativas sociais.
Dereito á vivenda e vivenda social
O dereito á vivenda é un dereito básico para unha sociedade que pretenda ser xusta. A vivenda social persegue o incremento das oportunidades de aloxamento para as persoas, favorecendo:
– O apoio ás cooperativas sociais que se ocupan de dar servizos de acompañamento e prevención de dificultades de vivenda.
– A adquisición da primeira vivenda, a través do uso de ferramentas como a difusión de prácticas construtivas como a autoconstrución ou as cooperativas de uso non-especulativo da vivenda.
Medio ambiente
Banca Etica traballa con administracións públicas que queren promover o aforro enerxético e a protección do medio. Intervén na xestión de recursos destinados á constitución de fondos de garantía ou de rotación para incentivar a realización de proxectos que favorecen: a difusión de solucións tecnolóxicas para a eficiencia enerxética, o uso de fontes enerxéticas renovables e/ou a promoción de rehabilitacións de inmobles con baixo consumo de enerxía.