O sábado 17 de maio celebrarase en Madrid a Asemblea de Socios de 2025, un acto clave para a vida democrática e asociativa do banco. A Asemblea réxese polo principio de “unha socia, un voto”.
Pero a Asemblea é moito máis que un espazo de toma de decisións: tamén é unha oportunidade para compartir, socializar e gozar dunha fin de semana chea de actividades culturais e de encontro.
Programa de actividades
Venres 16 de maio
O acto comezará coa proxección de “Marco, a verdade inventada”, unha película galardoada en dúas ocasións nos premios Goya; que explora os límites entre a verdade e a mentira a través da historia de Enric Marco.
Seguirá unha mesa redonda “As noticias falsas son unha ameaza para a democracia?”, moderada por Pere Rusiñol e na que participarán Soledad Alcaide, Defensora do Lector de El País, e Ignacio Sánchez-Cuenca, catedrático de Ciencias Políticas da Universidade Carlos III de Madrid.
Para pechar a xornada, os socios reuniranse para cear na 4ª planta do Colexio de Arquitectos Técnicos de Madrid.
Sábado 17 de maio
09:00 h Inscrición previa á asemblea.
10:00 – 13:30 h Celebración da Asemblea 2025.
13:30 h Catering para os asistentes.
Pola tarde, podes escoller entre tres percorridos culturais por Madrid:
17:30 h Visita guiada á colección principal do Museo do Prado.
17:45 La Liminal – Ruta por Carabanchel, percorrido pola transformación do barrio dende as súas orixes ata a actualidade, incluíndo espazos de represión e memoria histórica, que remata no lugar da antiga prisión de Carabanchel.
18.00 h Campus Batalla: A Universidade en Guerra, un paseo histórico que percorre os restos e monumentos da Batalla de Madrid (1936), conxugando arqueoloxía, natureza e memoria.
Para finalizar a xornada celebrarase un acto cultural na Casa de Zamora (calle das Tres Cruces, 12), seguido dunha cea para os socios do banco.
Domingo 18 de maio
Se o sábado non puideches participar nalgunha actividade cultural, terás outra oportunidade para escoller:
9:00 h Visita guiada ao Real Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.
10:00 h. La Liminal – Ruta por Carabanchel (mesmo percorrido que o sábado).
10:00h Campus de Batalla: A Universidade en Guerra (mesmo percorrido que o sábado).
Agardámosvos en Madrid para unha fin de semana de encontros, cultura e participación!
Participa no proceso electoral da Asemblea 2025
17.03.2025

Protexe as túas tarxetas ao facer compras online e offline
29.11.2024

Medidas de apoio ás persoas e entidades afectadas pola DINA
11.11.2024

Actualización dos convenios con Fiare Banca Etica
06.11.2024

O camiño electoral para a asemblea 2025, paso a paso
05.11.2024

Convidámoste a celebrar unha década de Fiare Banca Etica en Madrid!
31.10.2024