Achegamos enerxía á túa comunidad
Esta convocatoria ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento e a consolidación de comunidades enerxéticas nos territorios das persoas socias de Fiare Banca Etica e fortalecer a colaboración mutua, contribuíndo á transición enerxética xusta e á loita contra o cambio climático.
Obxectivo da convocatoria
Fomentar a colaboración entre os socios de Fiare Banca Etica e as comunidades enerxéticas próximas, promovendo unha xestión da enerxía máis sustentable.
Apoio económico
As comunidades enerxéticas seleccionadas recibirán unha axuda económica a fondo perdido de entre 500 e 3000 euros segundo as súas necesidades e proxectos. O orzamento total dispoñible é de 14 000 euros.
Ademais, poderán acceder a outros recursos, como:
- Programa La Colmena: apoio técnico e posibilidade de recibir achega de capital.
- Programa Accións para mocidade: para persoas socias mozas que participen na comunidade.
Como participar?
- Presentación de solicitudes:
As comunidades interesadas deben enviar un correo a anogueira@fiarebancaetica.coop ou agasch@fiarebancaetica.coop co anexo I cuberto antes do 31 de xaneiro de 2025. - Selección de proxectos:
Os grupos territoriais de Fiare (GIT) seleccionarán unha ou varias comunidades e presentaranlle unha proposta conxunta á comisión avaliadora. - Resultados: As solicitudes resolveranse antes do 20 de marzo de 2025
Calendario da convocatoria
- Inicio: 7 de xaneiro de 2025
- Peche de solicitudes: 10 de febreiro de 2025
- Avaliación e selección: até o 20 de marzo de 2025
- Inicio dos proxectos seleccionados: 1 de abril de 2025
Criterios de valoración
As propostas avaliaranse segundo:
- Participación do sector público, o sector privado e a cidadanía.
- Inclusión de organizacións de economía social.
- Perspectiva de xénero no proxecto.
- Participación de mocidade.
- Traballo en rede con outras organizacións
- Inclusión social (migrantes ou persoas en risco).
- Enfoque sustentable e coidado da contorna.
- Impacto da colaboración entre a comunidade enerxética e o GIT.
Dúbidas?
Para máis información, ponte en contacto con Aleksei Nogueira en anogueira@fiarebancaetica.coop.