TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Ética e cooperativa

Participación e gobernanza

Ética e cooperativa

Celebra connosco os 10 anos de Fiare Banca Etica

Este ano, en Fiare Banca Etica celebramos o noso décimo aniversario operando como entidade bancaria en España. Cumprimos 10 anos dende que abrimos a primeira sucursal de Banca Etica en Bilbao, ademáis de conseguir a ficha bancaria do Banco de España. Dende entón, FiareBE creceu en todos os aspectos: ademáis de Bilbao, temos presenza en Madrid, Barcelona e Sevilla. Tamén contamos con 3.792 socios e xa puidemos financiar proxectos con máis de 116 millóns de euros só en España.

Queremos celebrar todos os logros alcanzados ata a data, agradecer ás persoas que apoiaron este proxecto dende o principio e ás que se sumaron nos últimos anos, e mirar cara a un futuro cheo de retos e oportunidades. Por iso, convidámosvos a participar nas celebracións que se desenvolverán durante o último trimestre deste ano en distintas cidades.

Cada unha destas festas contará con diferentes relatores, convidados e actividades culturais, ademáis de conectar á xente de cada territorio. Serán espazos para atoparse e celebrar, pero tamén para debater, lembrar o camiño percorrido e marcar novos obxectivos.

Garda as datas e estade atentos para máis detalles!

Venres 25 de outubro Bilbao 18 h.

Venres 29 de novembro Madrid

Xoves 12 de decembro Barcelona