TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Historias de impacto positivo

Descubre que financia o teu diñeiro

Etica e cooperativa

Cabrero de Bolonia, produtos lácteos sen présas

Nados en Madrid e após 20 anos traballando no sector social, Mario e Lorena deron un cambio radical ás súas vidas hai tres anos, cando en 2020 se instalaron nunha finca do Parque Natural do Estreito de Cádiz para adentrarse no proxecto El Cabrero de Bolonia. Dende entón, ambos traballan cunha misión: elaborar queixos e iogures artesanais dende o respecto e o coidado do ecosistema.

 

El Cabrero de Bolonia é unha queixaría na que, máis alá de elaborar produtos lácteos, levan a cabo o proceso dende a cría das cabras. A parella elabora os seus produtos con leite de cabra payoya, unha especie autóctona en perigo de extinción, e que ademais é esencial para preservar o ecosistema do Parque Natural do Estreito. Protexer esta raza non só asegura a biodiversidade da zona, senón que tamén permite coidar das sinerxías que manteñen san este territorio gaditano. Deste xeito, o proxecto convértese nun claro exemplo de como a produción sustentable pode ser unha forma de coidar o medio ambiente.

 

Unha elaboración sen présas

Para Lorena e Mario, involucrarse neste proxecto supuxo unha forma de escapar do ritmo frenético da gran cidade e conseguir unha nova apreciación polo rural. Á fin e ao cabo, o respecto polos tempos e os procesos naturais é a base da súa produción. Estes ritmos, completamente afastados da produción industrial, están presentes en todo o proceso: dende os celos até a pasteurización do leite, pasando pola alimentación e o pastoreo das cabras.

Este mesmo escape da vida urbana é unha das experiencias que ofrece o propio Cabrero de Bolonia, dando a posibilidade de participar no pastoreo ou na elaboración do queixo, todo acompañado dunha cata dos seus produtos.

Sustentabilidade ao longo do proceso

Tras o coidado nos procesos e o traballo no proxecto, o obxectivo segue a ser a chave: ofrecer unha alternativa de consumo sustentable. Porque, nun contexto de produción intensiva e consumo en grandes superficies, poñer en marcha un proxecto coma o de El Cabrero de Bolonia supón unha pequena revolución fronte ao sistema. Malia o traballo duro que acompaña a produción artesanal, trátase dun esforzo compensado por un labor en consonancia coa natureza e pola apreciación da clientela.

Sen contar con grandes canles de distribución, os seus produtos véndense na propia queixaría na praia de Bolonia, en mercados locais e a través de envíos dentro da Península. Aínda que están a valorar se ampliar a súa produción (actualmente contan con 150 e valoran a posibilidade de aumentar o número en 50), manter o proxecto sustentable e ecolóxico é a prioridade de principio a fin.

El Cabrero de Bolonia é un dos proxectos de produción ecolóxica financiados por Fiare Banca Etica, que aposta polos pequenos produtores e por proxectos cun impacto ambiental positivo.