TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES
Asemblea de socios e socias 2025 -> Infórmate e participa

Finanzas Éticas

Todas as novidades sobre as finanzas éticas

As finanzas éticas, un suspiro de esperanza.

As finanzas éticas, un suspiro de esperanza.

As finanzas éticas, un suspiro de esperanza.

Que significa que as finanzas éticas son un suspiro de esperanza?

Significa estar de par das organizacións que salvan vidas, brindar apoio a entidades que traballan incansablemente para aliviar as inxustizas sociais e mellorar as condicións de vida das persoas máis vulnerables ou en risco. Mediante o seu compromiso con estas causas, Fiare Banca Etica aspira a chegar onde, a miúdo, as institucións públicas non chegan.

Estamos presentes en proxectos que promoven a sustentabilidade e a rexeneración do planeta. O noso traballo céntrase en construír redes sólidas e establecer alianzas con organizacións que comparten os nosos principios e valores: o coidado das comunidades, o respecto polos dereitos humanos e a protección do medio natural.

Porén, isto non abonda e en Fiare Banca Etica imos un paso máis aló.

Como entidade financeira, non nos limitamos a ofrecer financiamento. Aspiramos a actuar sobre as causas profundas das inxustizas sociais en múltiples ámbitos. Por iso, tamén nos dedicamos á educación e sensibilización derredor das finanzas éticas. Queremos que as persoas e organizacións comprendan os factores que inflúen nas decisións económicas globais, desde o impacto do aforro individual até o papel que desempeña o sistema bancario. O noso propósito é amosar como a acción de Fiare Banca Etica pode marcar unha verdadeira diferenza.

Este camiño está cheo de desafíos, como o poder e a hexemonía das finanzas tradicionais ou as complexas dinámicas das decisións xeopolíticas. No entanto, o respaldo daquelas persoas que elixen confiar na banca ética, sumado ao apoio das institucións españolas e europeas, reforza a nosa posición e a efectividade do noso modelo.

Con todo, aínda non abonda.

Queremos levar unha mensaxe clara a toda a sociedade: o ben común debe ser unha prioridade. Cremos firmemente que o interese máis alto é o interese colectivo. Por iso defendemos un modelo de finanzas baseado no diálogo e a reciprocidade, afastándonos das prácticas agresivas e opacas da banca tradicional.

Foto de Michael Marsh en Unsplash