TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES
Asemblea de socios e socias 2025 -> Infórmate e participa

Finanzas Éticas

Todas as novidades sobre as finanzas éticas

Etica e cooperativa

A voz das entidades: Sareen Sarea

Sareen Sarea é unha delas.  Esta entidade que agrupa as organizacións do terceiro sector de Euskadi, que alberga 15 redes, cóntanos como viviron a súa relación co noso banco. Falamos con Mikel, coordinador da rede que traballa por unha sociedade máis xusta e solidaria, máis cohesiva e participativa e con máis capacidades para construír, de forma colaborativa, propostas e alternativas, avanzando cara a un modelo de sociedade máis humano.

Que procurades nun banco no momento de elixir con quen levar a vosa operatividade cotiá?

No caso de Sareen Sarea tívose en conta por unha parte que responda ás necesidades financeiras que temos as asociacións do terceiro sector, facilidade para a operativa diaria en liña e a fluidez na comunicación co banco para resolver dúbidas ou consultas. Por outra banda, estivo moi presente que o noso provedor, neste caso bancario, comparta os valores e a identidade do terceiro sector social de Euskadi.

Que servizos estades utilizando no día a día?

A día de hoxe os servizos que estamos usando son os propios do manexo dunha conta de aforro, banca en liña e unha liña de crédito para garantir o fluxo de tesourería.

Como valorades a relación?

A relación que mantemos con Fiare valorámola como próxima, personalizada e de confianza.

Como coñecestes Fiare Banca Etica?

Fiare Banca Etica forma parte dalgunhas das redes de economía social que están integradas en Sareen Sarea e organizacións do terceiro sector social de Euskadi forman parte do proxecto de Fiare Banca Etica.
 

https://www.sareensarea.eus/es/