Facemos banca dunha forma única
Fiare Banca Etica é un banco libre, independente e cooperativo que traballa polo interese máis alto: o colectivo.
Xuntos, traballamos por un mundo mellor.
Máis de 100.000 persoas, empresas e organizacións elixiron as finanzas éticas
e xuntos esforzámonos por construír un futuro máis equitativo e inclusivo. Nacemos para facer das finanzas unha ferramenta transformadora, de participación e promoción social.

Damos crédito ás persoas e ao planeta.
Financiamos exclusivamente proxectos que producen impactos sociais e ambientais
positivos.
Seleccionamos iniciativas económicas que melloran a vida das nosas comunidades e das persoas. Avaliamos o perfil económico, social e ambiental de cada solicitude de financiamento e facemos públicos os créditos que concedemos. Esta é a nosa transparencia, orientada a crear confianza e relacións entre quen nos confía os seus aforros e as organizacións que financiamos.
Descubre a quen financia o teu diñeiro e a quen non

As finanzas éticas son moito máis ca sustentables.
Seguimos medrando durante máis de 20 anos, mentres que o número de bancos se
reduciu un 50 %
Dispoñemos de índices de solidez acordes cos bancos do noso tamaño
(Cet1 e ratio de capital total do 13,83 % e do 16,31 %) e unha morosidade inferior á banca convencional. Eliximos un modelo de gobernanza
cooperativo e participativo, dotamos a nosa acción dunha perspectiva social e ambiental e tomamos decisións internas coherentes. Por exemplo, non repartir superbonificacións aos
directivos e limitar a diferenza entre o salario máximo e o mínimo.

Temos todo o que precisas
Descubre as nosas contas correntes, financiamento e depósitos para ti ou para a túa
empresa.
OS NOSOS PRINCIPIOS
Comecemos polos principios
PARTICIPACIÓN
O crédito produce impacto. As persoas, cambio.
INFÓRMATE