TAMAÑO DEL TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (OSCURO)
FUENTES ACCESIBLES
icon-git

GIT Galiza Norte y Asturias

Árbore, a primeira cooperativa de consumo consciente de Galiza, fai 15 anos

Comercio xusto, consumo consciente, economía solidaria non eran conceptos moi estendidos en Galiza aló polos comezos de século XXI. Foi daquela cando, en Vigo, un grupo de persoas decidiu dar un paso adiante que elas propias recoñecen como daquela arriscado e constituír Árbore, a primeira cooperativa de consumo consciente e comercio xusto de Galiza. Aos poucos, o seu compromiso e traballo foi sendo referente para novos proxectos que ían nacendo polo país, como Panxea, Zocamiñoca, A Xoaniña…

Nestes 15 anos, salientan desde Árbore, conseguiron ter “un proxecto viábel” e “imprescindíbel” e así axudar a sentar as bases cara a unha sociedade máis xusta. Este proxecto socio-económico mantén os seus compromisos inciais: garantir acceso a produtos ecolóxicos, locais e de comercio xusto. “É dicir, produtos obtidos preferentemente na nosa contorna, libres de transxénicos e agrotóxicos e cunha relación calidade / prezo equitativa para os produtores e os cooperativitas”.

A isto engádese a organización e difusión de actividades orientadas á concienciación dun consumo responsábel, a aposta noutro modelo económico ou o coidado e respecto do ambiente.

Para conmemororar estes 15 anos, Árbore organiza este sábado, 1 de outubro, unha xornada de festa-aniversario, que vai decorrer no seo local e que abrangue desde exposicións a coloquios, pasando por obradoiros, concertos… “Nun principio, este acto solicitamos celebralo na Praza da Independencia e compartilo con todas/os as veciñas/os, pero debido á demora e falta de colaboración do Concello de Vigo, decidimos realizar as actividades no noso local”.

Fonte: Sermos Galiza.

Puede que también te interese

GIT Galiza Sur

Feira do Mercado Social

Publicado el:
23/04/2024

GIT Galiza Sur

Pase do Documental “La Singla”

Publicado el:
26/03/2024

GIT Galiza Norte y Asturias

Encontro GIT Fiare Banca Etica – Área de Compostela

Publicado el:
15/02/2023

GIT Galiza Norte y Asturias

Fiare Banca Etica en BioCultura Coruña 2022

Publicado el:
02/03/2022

GIT Galiza Norte y Asturias

Webinario: Tranformando a realidade grazas ao capital social

Publicado el:
18/04/2021

GIT Galiza Norte y Asturias

Encontro coa Rede Portuguesa de Economía Solidaria

Publicado el:
13/10/2020