TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Ética e cooperativa

Participación e gobernanza

Historias de impacto positivo

Novas entidades socias de Fiare Banca Etica

Ao longo de 2023, 74 novas entidades deron o paso de asociarse a Fiare Banca Etica: isto significa participar na toma de decisións do banco, formar parte dun proxecto de democracia económica e, sobre todo, apoiar a Economía Social e Solidaria en forma de capital social. Ademais, a participación permite gozar de beneficios nos nosos servizos e produtos, tanto a persoas xurídicas como físicas.

Dende a nosa cooperativa queremos agradecer o compromiso de todas estas entidades, que nos permite seguir concedendo crédito e construíndo un futuro mellor para todas e todos. Estas son algunhas das organizacións que se sumaron ao noso proxecto no último ano: 

Fundació Mercè Fontanilles

Establecida en Barcelona e con máis de 30 anos de percorrido, esta fundación ofrece servizos de axuda e asistencia a persoas con diferentes necesidades, dende a acollida até plans de formación e inserción laboral, pasando por servizos de mediación ou acompañamento. 

https://mercefontanilles.org/ 

Ongi Errefuxiatuak Bizkaia

Ongi etorri Errefuxiatuak Bizkaia é unha plataforma social para a defensa dos dereitos das persoas migrantes, cun obxectivo de sensibilización e organización. Para facelo, levan a cabo tanto mobilizacións como actividades informativas e formacións. 

https://ongietorrierrefuxiatuak.info/es/

Koopera

Koopera, con sede en Bizkaia mais presente en puntos de toda a península, é unha iniciativa social constituída por un conxunto de cooperativas. O principal obxectivo do proxecto é a inserción sociolaboral de persoas en situación de risco ou exclusión social. Conségueno realizando principalmente actividades en defensa do medio ambiente.

https://www.koopera.org/

Fundación Raíles

Establecida en Madrid, a Fundación Raíles xorde da fusión de dúas entidades cunha longa traxectoria na inclusión de persoas con discapacidade intelectual. As súas áreas de traballo son a inclusión laboral, educativa e social: en definitiva, asegurar que cada persoa teña autonomía sobre o seu proxecto de vida e unha rede de apoios. 

https://fundacionrailes.org/

Provivienda

Nada en 1989 e establecida en Madrid, Provivienda é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa para garantir o dereito á vivenda, especialmente para aquelas persoas en situación de vulnerabilidade. 

https://www.provivienda.org/ 

Tangente

Tangente é un grupo formado por 13 cooperativas que traballan dentro de diferentes ámbitos, pero cun obxectivo común: intercooperar dende os principios da Economía Social e Solidaria. 

https://tangente.coop/

Coma Comunicación Creativa 

Coma Comunicación Creativa é unha axencia de comunicación con sede en Galicia que conta cunha organización pouco común no ámbito no que traballa. Está constituída como cooperativa e, entre os seus valores fundamentais, están a horizontalidade e a colaboración.

https://coma.gal