TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Ética e cooperativa

Participación e gobernanza

Medidas de apoio ás persoas e entidades afectadas pola DINA

Medidas de apoio ás persoas e entidades afectadas pola DINA

Desde Fiare Banca Etica queremos expresar a nosa máis profunda solidariedade e apoio a todas as persoas, familias e organizacións afectadas pola recente DINA que golpeou tan duramente a Comunidade Valenciana e localidades como Letur. Somos conscientes do impacto devastador que esta situación tivo nalgunhas rexións e, en resposta, decidimos implantar unha serie de medidas excepcionais para apoiar a quen se encontra nestas difíciles circunstancias.

Estas accións están dirixidas ás persoas e entidades comprometidas na mellora da vida das persoas e as súas comunidades, así como aos circuítos de solidariedade que xurdiron para responder rapidamente ás necesidades de quen máis o precisa

A seguir, detallamos as medidas de apoio que ofreceremos nos vindeiros meses:

Axudas directas: existen varias organizacións que están a recoller fondos para axudar as persoas que sufriron perdas ou que se encontran nunha situación de especial vulnerabilidade. Neste sentido, a nosa entidade socia Cáritas Valencia canalizará os fondos recibidos na súa conta cara ás persoas máis afectadas por este desastre.

Animamos toda a comunidade de Fiare Banca Etica (o noso cadro de persoal, así como persoas socias, clientas e próximas) a unírense a esta rede de apoio. Convidámolas a realizaren as súas achegas na conta dedicada a esta causa: ES75 1550 0001 2800 0084 2922 Cáritas Valencia.

Fiare Banca Etica fixo unha doazón de 30 000 euros para apoiar as persoas afectadas (20 000 a Cáritas Valencia, 5000 a Cáritas Albacete e 5000 a FonRedes).

Apoio á reconstrución: existe unha nova vía de apoio a través de FonRedes, entidade membro de REFAS que ofrece microcréditos. Na súa conta bancaria pódense realizar achegas directamente para colaborar na reconstrución. O número de conta é ES69 1550 0001 2700 0690 7422.

A seguir, detallamos outras medidas de apoio que ofreceremos nos vindeiros meses:

  1. Contacto e acompañamento directo: puxémonos en comunicación con todas as entidades e organizacións clientas do banco para coñecer de primeira man a súa situación e necesidades, así como para ofrecerlles apoio financeiro no caso de que o requiran nos vindeiros meses.
  2. Moratoria e avais: o Goberno aprobou unha serie de medidas vinculadas ao pagamento do financiamento vixente, con moratorias e liñas de avais ante novo financiamento.
  3. Liñas de crédito adicionais: dispoñemos de novas liñas de crédito para aquelas organizacións da economía social que precisen liquidez para levar a cabo as reparacións necesarias e reiniciar as súas actividades económicas.