Responsabilidade social
Cando o capital é social, a responsabilidade social debe selo máis ca nunca
Por iso, a nosa responsabilidade vai máis alá de xestionar ben o capital das persoas socias. Temos a responsabilidade de contribuír a un mundo mellor, máis xusto e igualitario, máis sustentable. Unha auténtica responsabilidade social.
O Código Ético
O Código Ético é un contrato social coas persoas implicadas en Banca Etica. Define a ética coa que se desenvolve o banco, establecendo criterios de igualdade e xustiza, valores de referencia, principios xerais e pautas que o banco adopta nas súas relacións coas persoas ou entidades interesadas.
Inspirados no Estatuto, o Manifesto das Finanzas Éticas e o Manifesto de Banca Etica, os valores identifícanse e enúncianse de maneira clara e precisa:
- centralidade da persoa, como vínculo fundamental da acción de Banca Etica, que recoñece, respecta e tutela a persoa;
- igualdade, que se concreta nunha xusta repartición da riqueza e os recursos;
- responsabilidade, como atención constante ás consecuencias non-económicas das accións económicas, é dicir, ás repercusións sociais e ambientais da actividade financeira;
- transparencia, como estilo que caracteriza as relacións e a comunicación de Banca Etica coas persoas interesadas;
- cooperación, como consciencia de que o ben común só pode ser atinxido grazas ao compromiso de todas;
- solidariedade, como a capacidade de captar as inquedanzas das persoas que están nunha situación desfavorecida e como compromiso para atopar solucións de interese común, en beneficio das máis necesitadas;
- participación, como recoñecemento do dereito das socias, colaboradoras e aforradoras na toma de decisións;
- sobriedade, como estilo de vida baseado en diminuír o consumo de mercadorías e recursos, e orientado a satisfacer requisitos fundamentais das persoas;
- eficiencia e eficacia, como uso óptimo dos recursos para ofrecer o maior beneficio a todas as interesadas á hora de perseguir os obxectivos declarados;
o Código Ético, aprobado en 2010 pola Asemblea de Persoas Socias, converteuse nunha norma de referencia para administradores, para todos aqueles que traballan en nome e por conta do banco e para todas as persoas interesadas.
Para descargar o Código Ético en formato pdf, fai clic aquí.
Para verificar a aplicación, creouse un comité específico denominado Organismo de Vixilancia.
O Organismo de Vixilancia
A respecto do Código Ético, encárgase de:
- promover iniciativas encamiñadas á divulgación, difusión e aplicación do Código Ético;
- vixiar o cumprimento e respecto do Código Ético por medio do sistema de control do banco e de específicos sistemas de sinalización;
- propor ao Consello de Administración, despois de ter consultado ao Comité Ético, sancións no caso de graves violacións do Código Ético;
- supervisar o funcionamento e adecuación do Código Ético;
- propor á Asemblea de Persoas Socias, despois de ter escoitado a opinión do Consello de Administración e do Comité Ético, a posible adaptación;
- informar periodicamente ao Consello de Administración e ao Comité Ético sobre o estado de aplicación do Código Ético.
Con respecto al decreto legislativo nº 231/01, el Organismo de Vigilancia verifica la aplicación y el cumplimiento del modelo de gestión y control encaminado a prevenir los delitos previstos por dicho decreto.
O Organismo de Vixilancia está formado por:
- Un membro nomeado polo Consello de Administración con requisitos de independencia axeitados (actualmente, Lino Sbraccia, presidente);
- Un membro do Comité de Auditores (actualmente, Paolo Salvaderi);
- O responsable da función de Internal Audit (actualmente, Enrico Scapin);
- O responsable da función de Compliance (actualmente, Francesco Pacchin);
- Un membro do Comité Ético do banco (actualmente, Giorgio Osti).
O Organismo de Vixilancia efectúa unha actividade propia e autónoma de auditoría e control, consonte as indicacións recibidas das persoas interesadas. Se desexas contactar co Organismo de Vixilancia, podes facelo a través dos seguintes enderezos:
- Por correo electrónico: organismodivigilanza@bancaetica.com;
- Por correo postal ao presidente do Organismo de Vixilancia: Banca Popolare Etica scpa – Via N. Tommaseo, 7 – 35131 PADOVA
Valor Social
A nosa acción operativa e cultural céntrase na Responsabilidade Social Corporativa.
Entre as distintas ferramentas contamos coa certificación do valor social por ICEA (Instituto para a Certificación Ética e Ambiental) encargado de verificar a conformidade cos requisitos do estándar.
O estándar do valor social está conforme ao sistema de certificación internacional SA 8000 e as normas ISO 26000 e prescribe a supervisión do risco en toda a cadea e o uso de ferramentas de prevención do impacto negativo da actividade produtiva nos dereitos humanos, aspectos sociais ou ambientais.
Trátase dunha marca de calidade en cuestións de Responsabilidade Social Corporativa, realizada após máis de catro anos de estudos específicos e numerosas consultas entre as persoas interesadas que implicaron as principais partes sociais, académicas e institucionais.
Estes son os obxectivos do estándar do valor social:
- promover no ámbito económico o desenvolvemento social, a igualdade de oportunidades, a tutela do medio ambiente, o respecto e a promoción dos dereitos fundamentais;
- favorecer o crecemento e o desenvolvemento dun mercado transparente, solidario e xusto;
- sensibilizar as organizacións e a cidadanía sobre os temas da responsabilidade social e promover a difusión dun comercio xusto.
Consonte o principio de avaliación das consecuencias non-económicas das accións económicas propio das finanzas éticas, aplícase aos seguintes grupos de interese:
- traballadoras/es
- accionistas
- clientela
- consumidoras/es
- provedoras/es
- acredoras/es
- comunidades locais e nacionais
- asociacións
- institucións públicas
- xeracións futuras
O devandito estándar aborda todos os aspectos da responsabilidade dunha organización: social, ambiental e económica. En concreto, os ámbitos supervisados son:
- a comunidade (o respecto das comunidades locais, a seguridade e protección das páxinas web corporativas, programas de desenvolvemento e promoción social);
- o traballo (política de non discriminación, traballo de menores, traballo forzoso, liberdade de asociación e negociación colectiva, política salarial, saúde e seguridade, horario de traballo, desenvolvemento de competencias);
- o consumo (protección da cidadanía e das consumidoras/es);
- o medio ambiente (protección ambiental);
- o mercado (relacións de subministración, loita contra a corrupción, competencia, venda e distribución, xestión financeira responsable).
Reclamacións inherentes ao estándar do valor social
No caso de situacións ou acontecementos non conformes co previsto polo estándar, é posible enviar unha reclamación a ICEA, que se encargará de:
- indagar se a reclamación ou queixa é fundada;
- comunicar a recepción á persoa interesada nun prazo de 5 días hábiles;
- rexistrar a queixa no Rexistro «Reclamacións»;
- levar a cabo, a través das persoas responsables interesadas, todas as actividades necesarias para identificar e recompilar os datos necesarios para demostrar os feitos e a suposta responsabilidade de ICEA;
- pór en marcha accións correctivas, implicando ás persoas responsables interesadas;
- rexistrar correctamente as modalidades de xestión e solución da queixa, inclusive o control da eficacia das accións correctivas/preventivas emprendidas;
- comunicar estes resultados finais ao reclamante ou ás persoas interesadas nun prazo máximo de 30 días hábiles a partir da recepción da reclamación.
A reclamación pode ser presentada por calquera persoa enviando un correo a reclami@icea.info, indicando nome e apelidos, enderezo de correo electrónico, teléfono, motivo da reclamación.
O Instituto para a Certificación Ética e Ambiental garante a confidencialidade da persoa que realiza a reclamación.
Auditoría Socioambiental
Banca Etica é o primeiro banco italiano que conta con auditoría socioambiental na avaliación do mérito crediticio. Trátase dunha análise orientada a recompilar e avaliar a información de carácter social e ambiental relativa a organizacións e entidades que piden un empréstito.
En concreto, esta ferramenta complementa a análise económica e financeira, ofrecendo claves para determinar o valor social da actividade a financiar, a coherencia cos principios inspiradores do banco e a credibilidade do suxeito a financiar, aproveitando tamén a ocasión para comunicar e transmitir os valores das finanzas éticas e da economía civil.
As e os avaliadores sociais
A avaliadora social é unha persoa voluntaria inscrita no Rexistro de Avaliadores Sociais e desempeña as seguintes tarefas:
- procurar e recompilar información sobre a organización que pediu o empréstito;
- visitar o cliente que pide unha liña de crédito;
- coñecer a posición oficial da coordinación da circunscrición territorial das persoas socias;
- redactar un informe sintético a partir da información recompilada;
- dar a súa opinión.
Para ser avaliador(a) social, é preciso:
- ser persoa socia de Banca Etica desde, cando menos, un ano;
- ser socia activa na circunscrición territorial das persoas socias;
- ter don de xentes;
- dispor de tempo.