Identidade
Somos persoas, un banco de persoas
Persoas normais e correntes que cren que o valor social do diñeiro debería ser o auténtico valor do diñeiro, persoas cuns principios éticos aos que non estamos dispostas a renunciar. Principios como a xustiza social, a sustentabilidade do planeta, o cooperativismo, a transparencia ou a paz. Porque o teu diñeiro tamén ten principios.
Fiare Banca Etica nace da unión de Banca Popolare Etica, que traballa en Italia desde 1999, e Fiare, en España desde 2005. E o noso obxectivo é converternos nunha ferramenta ao servizo da transformación social a través do financiamento de proxectos do terceiro sector, a economía social e solidaria, e a promoción dunha cultura cos principios da transparencia, a participación e a democracia.

As nosas socias e socios
Somos un banco cooperativo de referencia en Europa con máis de 46.000 persoas socias entre España e Italia, organizadas en cinco áreas xeográficas con diferentes órganos de participación. O principio de «unha persoa, un voto» garante a nosa xestión democrática e o noso compromiso ético.
O noso impacto
O noso obxectivo é recuperar o valor social do diñeiro. Por iso, os depósitos de aforro das persoas e organizacións serven para financiar proxectos vinculados á inserción social e laboral de persoas, a agroecoloxía, a eficiencia enerxética, a educación e a cultura, e o comercio xusto, entre outros.


A nosa transparencia
A transparencia é o noso alicerce fundamental e implica saber onde se inviste o diñeiro. Os proxectos financiados, ademais de ser sometidos a unha atenta avaliación económica, social e ambiental, tamén constitúen o noso capital de confianza.
Os nosos números
Descubre os datos máis relevantes sobre a evolución do banco (capital social, persoas e entidades socias, captación e empréstitos concedidos…) no noso balance social.
