Financiamento
O diñeiro dá a oportunidade
Un proxecto social, unha cooperativa de traballo ou unha asociación cultural precisan diñeiro para conseguir os seus obxectivos. Talvez nós poidamos axudarte.
Anticipo en conta corrente, anticipos, créditos de capitalización, hipotecas… son algúns dos nosos produtos de financiamento. Ademais, outorgamos condicións especiais ás nosas entidades socias porque, grazas ao capital social, Banca Etica descansa sobre unha base sólida.
Financiamento a Curto Prazo
Operacións de crédito para organizacións que precisan dispoñer dun medio permanente de financiamento flexible a curto prazo.
Financiamento a Medio / Longo Prazo
Empréstitos a medio ou longo prazo para financiar os activos produtivos ou de investimento necesarios para o crecemento ou a consolidación de proxectos.
Solicita financiamento en liña
As empresas e organizacións poden presentar as súas propostas para obter financiamento mediante o espazo en liña creado con esta fin. Segue o proceso guiado e carga todos os documentos necesarios para a avaliación que levará a cabo a delegación de referencia. A plataforma en liña acompañará toda a fase de investigación, simplificando os contactos e intercambios entre a entidade cliente e o banco.
Coa solicitude de financiamento tamén se activará a Avaliación Socioambiental. Por medio do Cuestionario Socioambiental poderemos saber como funciona a túa entidade e has poder explicar como utilizarás o crédito outorgado polo banco. Ademais, podes interactuar coas/cos avaliadoras/es sociais, as nosas persoas socias comprometidas con profundar no perfil de sustentabilidade da solicitude.
Solicita un financiamento en credito.fiarebancaetica.coop
Coñece as condicións completas dos nosos produtos.
Precisas máis información? Contacta connosco.