Comprar en Internet pode ser unha experiencia segura de adoptarmos as medidas axeitadas. Entre as estafas máis habituais asociadas ás compras en liña atopamos as seguintes:
- Roubo de datos persoais: ao inserilos en páxinas web fraudulentas.
- Estafas económicas: se facilitamos datos bancarios.
Como podemos identificar comercios fraudulentos?
Unha das características máis comúns é a falta de información de contacto: se a tenda non proporciona un enderezo físico, un número de teléfono ou un correo de contacto, non é bo síntoma. Ademais, outras cousas que nos poden facer sospeitar son os prezos demasiado bos, erros gramaticais e de deseño, ligazóns a seccións que non funcionen ou que te redirixan seguido á páxina principal ou a redes sociais inexistentes.
Comprobacións que hai que realizar antes de mercar en liña
Antes de realizar unha compra en liña, asegúrate de seguir os pasos que indicamos a continuación. Procura recensións e opinións doutros clientes e asegúrate de que o sitio web teña un cadeado na barra de enderezos e comeza por «https://» para garantir que os teus datos viaxen cifrados pola rede, así como que o certificado de seguridade sexa válido e realmente pertenza á empresa que di ser.
Contrasinal e SMS
Contrasinais únicos: non empregues o mesmo contrasinal para todos os teus servizos. Se pensas que a túa clave está en perigo, modifícaa de inmediato.
Atención aos SMS: le detidamente os SMS do banco. Revisa a mensaxe recibida e confirma que se corresponde coa acción que estás a realizar. Se non é así, contacta decontado connosco no teléfono gratuíto 900 897 963.
Información sobre ciberseguridade
Na sección de «Seguridade» do noso sitio web podes consultar os principais avisos e coñecer as mellores prácticas para operar de forma segura.
Seguindo estes consellos, protexerás mellor os teus datos.
Evita caer nas trampas da ciberdelincuencia.
Medidas de apoio ás persoas e entidades afectadas pola DINA
11.11.2024
Convidámoste a celebrar unha década de Fiare Banca Etica en Madrid!
31.10.2024
Accionistas por un ben común: dez anos de Fiare Banca Etica
29.10.2024
Un legado de compromiso e paixón
10.09.2024
Celebra connosco os 10 anos de Fiare Banca Etica
30.07.2024
Descubre Valencia coa Asemblea de Persoas Socias
25.03.2024