TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Finanzas Éticas

Todas as novidades sobre as finanzas éticas

Finanzas Éticas

Cambia á banca ética sen complicacións

 

 

Queres cambiar ás finanzas éticas, mais preocúpanche o papelame e o tempo?

 

Dares o paso cara á banca ética hache parecer un proceso longo e complicado: coas nóminas, os aforros e as transferencias nunha conta, moitas persoas teñen medo de que o cambio de banco sexa un trámite lento, cheo de papelame e con gastos de xestión. Porén, co servizo de traslado de contas, só tes que abrir unha conta en Fiare Banca Etica e xa nós nos encargamos do resto.

 

Que é o traslado de contas?

O traslado de contas refírese ao traspaso de información entre entidades de crédito, da antiga á nova, daquelas persoas clientas que queiran cambiar os seus produtos dunha entidade a outra.

 

Neste traslado podes decidir que queres levar dun banco ao outro: ordes permanentes de transferencia, transferencias entrantes periódicas (como a nómina, por exemplo) e cargos domiciliados (recibos), ou o saldo existente na entidade anterior. Ademais, se o desexas, podemos xestionarche o peche da conta anterior.

 

Que se precisa para facer o traspaso?

Para realizar este cambio, será imprescindible que a nova clienta ou cliente (que pode ser tanto unha persoa física coma unha xurídica) teña aberta unha conta en FiareBE; todas as persoas titulares deberán ter unha conta na cooperativa. Unha vez creada a conta, deberase solicitar por escrito o traslado (abondará co envío dun correo electrónico).

 

Que vantaxes ten?

Esta xestión é 100 % gratuíta.

Non fará falla que contactes coa túa anterior entidade bancaria.

Non tes que presentarte presencialmente na túa oficina.

O teu diñeiro contribuirá á economía social e ao coidado ambiental e social.

Contacta connosco para máis información!

Imaxe de Unplash