Os ciberdelincuentes, cada vez máis, tentan enganarte a través dunha chamada ou SMS para roubarche información persoal e bancaria.
Como o fan?
Fanse pasar, por exemplo, por persoal do Servizo de Atención á Clientela e tentan conseguir información ou os teus códigos de autenticación reforzada. Ou envían un SMS como se fósemos nós convidándote a facer clic nunha ligazón para corroborar algunha información.
Como o podes detectar?
Desconfía das chamadas que tenten transmitirche urxencia, dos números que non coincidan co teléfono oficial de Fiare Banca Etica ou dos SMS sospeitosos se ti non iniciaches ningunha operación.
As tecnoloxías que usan os ciberdelincuentes son cada vez máis avanzadas, mesmo poden chegar a modificar o número desde o que chaman ou ter os seus propios servizos de atención telefónica, para facerche crer que son de confianza.
Lembra:
- Nunca che pediremos que transfiras o teu diñeiro a outra conta, agás no contexto dunha operación que ti iniciases.
- Nunca che pediremos a túa chave de sinatura completa por teléfono ou SMS.
- Nunca che imos solicitar información de carácter persoal nin a numeración completa das túas tarxetas, código CVV ou data de caducidade.
Que facer en caso de dúbida?
Se tes dúbidas, colga e chama ti mesma/o ao banco ao 900 897 963.
A túa seguridade e a dos teus datos é moi importante para todas as persoas que formamos parte de Fiare Banca Etica.
Fiare Banca Etica e o Fondo Europeo de Investimentos: un novo acordo para impulsar as finanzas éticas
05.12.2024
Protexe as túas tarxetas ao facer compras online e offline
29.11.2024
7.º Informe sobre finanzas éticas en Europa: bancos éticos sólidos e a carón da economía real
27.11.2024
Medidas de apoio ás persoas e entidades afectadas pola DINA
11.11.2024
Actualización dos convenios con Fiare Banca Etica
06.11.2024
Convidámoste a celebrar unha década de Fiare Banca Etica en Madrid!
31.10.2024