Por Manuel Adame, vicecoordinador do GIT Galiza Sur
250 persoas, das cales 5 representantes e dúas traballadoras pertenciamos á V Área (Fiare), reunímonos os días 28 e 29 de Novembro en Bologna no Encontro organizado polo que xa podemos empezar a denominar Grupo Banca Etica.
Tras a benvida a cargo de Ugo Biggeri, presidente de Banca Etica, houbo dúas intervencións, a primeira do propio Ugo Biggeri, presentando o documento do Plan Estratéxico, un manual editado que recolle os retos presentes e futuros sobre o Modelo de Negocio, de Gobernanza, a Participación e a Política do Grupo Banca Etica, entre outros temas. A continuación, Mariña Galati, presidenta do Comité de Ética (CdA), presentou os retos da deontoloxía en Banca Etica, 15 anos despois da súa fundación.
Pouco despois, tivemos a primicia de ver a proxección do novo vídeo promocional de Banca Etica, para dar paso enseguida ao traballo en grupos sobre as dúas temáticas previstas:
Ugo Biggeri encargouse de introducir o debate respecto da nova gobernanza de Banca Etica, partindo do documento preparatorio do CdA, ampliado tras unha primeira consulta aos GITs das cinco áreas e que recolle os factores que o motivaron: aumento da complexidade e peso da nosa base social; novas disposicións de vixilancia para a banca ditadas polo Banco de Italia; mellora e ampliación dos mecanismos participativos.
O obxectivo do debate en grupos foi recoller as achegas das persoas participantes para elaborar un novo documento que sirva para facilitar a discusión de toda a nosa rede de persoas socias e que permita levar á Asemblea do próximo ano as propostas acordadas para sometelas á aprobación da mesma.
Anna Fassano, vicepresidenta de Banca Etica, encargouse de introducir o debate sobre o rol de Banca Etica ante os novos escenarios socioeconómicos. Tratábase de discutir as reflexións elaboradas a partir do novo Manifesto de Banca Etica, dos resultados do laboratorio sobre nova economía, do plano industrial 2015 e do documento sobre as liñas estratéxicas.
Terminados os grupos de traballo procedeuse á presentación oficial de dous novos instrumentos de Banca Etica: a rede de Banca Etica dentro da plataforma de Crowfunding Produzioni dal Basso, a cargo de Angelo Rindone; e a Plataforma Socios/as en Rede para o desenvolvemento da mutualidade interna dentro da Rede de Banca Etica, coa presentación da súa nova web.
Ao día seguinte, comezou o plenario coa participación de Mario Crosta, director xeral de Banca Etica, que presentou o plan estratéxico industrial para o trienio 2015-2017, no que se recollen as liñas de acción no desenvolvemento comercial da cidadanía responsable, o desenvolvemento comercial das organizacións orientadas ao ben común, o desenvolvemento do capital social, o desenvolvemento comercial sobre o territorio español, a repartición do emprego por sectores de referencia.
O groso da mañá estivo dedicado ás intervencións dunha ducia de persoas representantes de todos os sectores do Grupo Banca Etica a partir dunha serie de palabras craves sobre o Novo Manifesto de Banca Etica, para axudarnos a entender que era, que é e que será.
Despois de recoller as conclusións, Ugo Biggeri deu por concluídos os actos do 15 aniversario de Banca Etica e puxo fin á xornada de traballo.
Un Encontro de Redes permite coñecer, reencontrarse, reunirse, charlar, debater, expor, dar a coñecer, intercambiar e relacionarse con todas as persoas que pertencen aos diveros estamentos que compoñen o Grupo Banca Etica. Foron dúas xornadas de traballo intenso nas que percibimos clara e meridianamente a proximidade, o interese e o agradecemento pola nosa participación por parte dos e das compañeiros e compañeiras italianas: houbo sorrisos, preguntas e respostas que non fan máis que confirmar a nosa plena integración.
Fomos testemuñas de como a participación das persoas socias e traballadoras articúlase e concrétase, como as distintas sensibilidades van facendo Banca Etica… A riqueza, que os 15 anos de experiencia italiana supoñen para nós e, algúns dos novos retos que se expoñen coa nosa chegada. Un sentimento de agradecemento xórdenos cando constatamos a cantidade de decisións e esforzos que supón consolidar unha banca internacional, facernos compañeiros/as de camiño italianos/as e españois/españolas.
Pola nosa banda, puxemos todo o noso empeño en transmitir toda a ilusión que estamos a vivir nestes momentos, e compartimos todos os pasos que estamos a dar desde a apertura da oficina de Bilbao, á vez que fomos portavoces das 5.000 persoas que están a esperar a sumar o seu capital social e humano ao Grupo Banca Etica.
Babestu zure txartelak online eta offline erosketak egitean
29.11.2024
Europako finantza etikoei buruzko 7. txostena: banku etiko sendoak eta ekonomia errealaren ondoan daudenak
27.11.2024
Fiare Banca Eticarekin sinatutako hitzarmenen eguneraketa
21.11.2024
GOIDIak kaltetutako pertsonei eta erakundeei laguntzeko neurriak
11.11.2024
Etorri Madrilera finantza etikoen hamarkada bat ospatzera!
31.10.2024
Akziodunak guztion ongiaren alde: Fiare Banca Eticak hamar urte
29.10.2024