TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Asóciate
Somos Fiare Banca Etica

Ser persoa socia é a forma máis completa de participar en Fiare Banca Etica, xa que o capital social é un indicador da nosa solidez, independencia e capacidade de conceder crédito ás entidades e empresas que traballan en construír un mundo mellor.


As accións de Banca Etica

63,00€

prezo unitario

52,50€

valor nominal unitario

10,50€

prima emisión

O número mínimo de accións para a adhesión é de 5 accións. No caso das persoas xurídicas recoméndase a adquisición mínima de 10 accións. Nesta ocasión lanzamos unha campaña especial chamada Bonus Share para valorar a túa confianza. Pola compra de 20 novas accións recibirás 1 acción como agasallo.

Cómpre dispoñer de conta corrente para poder mercar accións. Consulta as condicións aquí. O período de venda de accións finalizará o 24 de marzo de 2024. Para particulares, descubre o proceso paso a paso. Para entidades, contacta co teu xestor(a) de referencia ou contacta connosco.

Fiare Banca Etica non distribúe un beneficio económico, mais a Asemblea de Persoas Socias decide periodicamente se revaloriza o valor das accións.

As nosas accións véndense nun mercado interno e podería non ser posible nalgún momento a súa venda, polo que o risco de liquidez pode ser superior ao doutros produtos. Existe risco de perda de capital.

Subscribir máis accións

Community

Vantaxes das Persoas socias

Formar parte dun proxecto que crea un impacto positivo a nivel social, económico e ambiental para a comunidade e o territorio;

Participar na elección do goberno votando na Asemblea do banco e enriquecer o debate sobre as finanzas éticas nos grupos de persoas socias a nivel territorial (GIT) e en liña;

Participar nas actividades culturais propostas polo grupo de persoas socias do propio territorio e realizar os cursos de formación sobre banca e finanzas;

Formar parte do equipo de avaliadoras/es e colaborar na avaliación socioambiental das solicitudes de financiamento das entidades;

Dispoñer de prezos vantaxosos nos servizos e produtos de Fiare Banca Etica.

Aumentando o capital social de Fiare Banca Etica aumenta a nosa capacidade para conceder crédito a proxectos que poñen en valor as persoas e as súas necesidades, respectando o medio; por cada 500 euros de capital social podemos conceder 7500 euros de novo crédito. Emprestamos quince veces o noso capital social (cálculo realizado a partir dos datos dos últimos 3 anos).

Canto capital queres investir?

500€

6000€

Significa (*)

16 toneladas

de emisións de CO2 evitadas

449 toneladas

de residuos reciclados

3 persoas

migrantes acollidos

10 persoas

recibirán atención, asistencia e formación

24 toneladas

de emisións de CO2 evitadas

674 toneladas

de residuos reciclados

4 persoas

migrantes acollidos

15 persoas

recibirán atención, asistencia e formación

32 toneladas

de emisións de CO2 evitadas

898 toneladas

de residuos reciclados

6 persoas

migrantes acollidos

20 persoas

recibirán atención, asistencia e formación

48 toneladas

de emisións de CO2 evitadas

1.348 toneladas

de residuos reciclados

8 persoas

migrantes acollidos

29 persoas

recibirán atención, asistencia e formación

96 toneladas

de emisións de CO2 evitadas

2.695 toneladas

de residuos reciclados

17 persoas

migrantes acollidos

59 persoas

recibirán atención, asistencia e formación

(*) Os datos citados refírense aos resultados obtidos grazas a proxectos de terceiros financiados por Banca Popolare Etica en 2022; non teñen valor preditivo de impactos futuros.

Mensaxe publicitaria sobre a oferta pública de accións de Banca Popolare Etica. Antes de adherirte, le o folleto informativo dispoñible na sede legal ou na sección Oferta pública de accións desta web.

Contacta connosco

Axudámosche!

Queres saber máis?

Consulta as nosas preguntas frecuentes

Os nosos principios

Queremos mudar as regras do mercado financeiro a través da transparencia e a responsabilidade social